Skip to Content

Fondo solidario de libros 2020/2021

Segundo recolle a orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022

As persoas interesadas cubrirán a solicitude de Fondo Solidarios de libros de texto accedendo á aplicación FONDOLIBROS (https://edu.xunta.es/fondolibros) e unha vez teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán imprimir a solicitude e presentala no centro ou presentala na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Tamén poderán realizar a presentación presencial no centro de ensino.

 Prazo: ata o 22 de xuño de 2021

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude(anexo I) asinada polo pai ou a nai e a seguinte docu­mentación:

a) Anexo II:comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar, asinado por todos os membros computables (no caso de menores de idade, asinará o pai ou a nai no seu nome)

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes me­dios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sina­lado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certifica­do dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa pre­sentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2019, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación especí­fica.

De acordo co previsto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemen­to administrativo común das administracións públicas, dada a relevancia da documenta­ción requirida no procedemento, as persoasinteresadas deberán achegar os documentos orixinais ou copias cotexadas.

 



page | by Dr. Radut