Skip to Content

Mes cultural: Charla de Moncho Fernández e Oriol Junyent

   O luns 19 de maio tivemos a sorte de poder escoitar ao adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández, falar dos valores que transmiten os deportes de equipo e ao capitán, Oriol Junyent, sobre a súa carreira profesional.

 A actividade foi moi amena. O alumnado de 1º e 2º ESO, ademáis de escoitar a dúas das persoas máis importantes do mellor clube de baloncesto de Galicia na actualidade, responsables do aspecto deportivo, puido facer preguntas, pedirlles autógrafos e mesmo fotografiarse con eles. 

        Foron moitas as preguntas que contestaron dadas as inquedanzas do alumnado.

Moncho Fernández e Oriol Junyent firmando autógrafos

 A amabilidade, o saber estar e a dispoñibilidade foi total. Incluso, aínda sabendo o atarefados que están, foron quen de alargar a súa estancia no centro para que ningún dos asistentes se quedara sen a foto ou autógrafo que desexaba. 

Podemos dicir que cubriron con creces as nosas expectativas e cumpren fielmente o seu slogan:

"Facendo Obra"

Mes cultural: SAME 2014 "Sumemos capacidades" por unha educación inclusiva

      Dentro dos actos do mes cultural, o grupo da Rede solidaria do Instituto promoveu a participación nunha actividade para sensibilizar ao alumnado de 1º e 2º ESO nas dificultades as que se enfrentan as persoas.

 Con esta actividade sumamonos á SAME (semana de acción mundial pola educación) dentro da Campaña mundial pola Educación, promovida por sindicatos e ONGs de máis de 100 países. As reflexións extraídas serán presentadas ao alcalde (o martes 13) como propostas para que a educación inclusiva sexa unha realidade.con discapacidade para exercer o seu dereito á educación, en especial as dos paises do Sur. 

 

Máis información sobre a CME (Campaña Mundial pola educación)

 

Do libro as letras. Charla de Samuel León sobre Oruxmaps

O 9 de maio, dentro das actividades do mes cultural, o alumno de 4º ESO Samuel León impartiu unha charla sobre a aplicación Oruxmaps, considerada unha das mellores para gravar rutas de gps. Esta aplicación utilizámola para trazar as rutas de sendeirismo que se están a realizar co fin de elborar unha guía da zona para o proxecto europeo Comenius Regio. A actividade foi moi entretida. O alumnado asitente de 4º ESO, 3º ESO e Ciclo de telecomunicacións saíu encantado da conferencia.

 

Protocolo de Absentismo Escolar

Para mellor información de toda a comunidade educativa do instituto, no seguinte enlace achégase o recente Protocolo para a prevención do Absentismo Escolar en Galicia. Así mesmo, tamén se enlazan as Instrucións da Dirección Xeral de Formación Profesional e Innovación Educativa polas que se traslada o mesmo.

NOTA INFORMATIVA SOBRE O CURSO DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS IMPARTIDO NO NOSO CENTRO

 

En relación co curso de formación para desempregados montaxe e mantemento de infraestructuras de telecomunicacións en edificios ,  que se vai impartir neste centro , e ante as numerosas solicitudes de información por parte da xente , infórmase

Distribuir contido


by Dr. Radut