Skip to Content

RECEPCIÓN PROFESORADO SUBSTITUTO

Benvido/a ao IES CAMPO DE SAN ALBERTO.

1. Na documentación anexa atoparás:

  • Ficha de datos persoais.

  • Plano do centro.

  • Diversos protocolos de funcionamento que debes coñecer (dispoñibles na web do centro):

    • Protocolo para a realización das gardas, control de entradas e saídas e uso xeral de espazos.

    • Protocolo de xestión da convivencia no centro e aula de convivencia.

    • Protocolo de control de asistencia e puntualidade do alumnado.

    • Un resumo das principais normas que debe respectar o alumnado, para que poidas transmitirllas e esixirllas.

Ademais do anterior, se realizas unha substitución o cargo directivo que te reciba entregarache unha copia do teu horario. Tamén che entregará, se fora o caso, as indicacións de traballo que teña deixado o profesor/a substituído (en caso contrario diríxete ó xefe/a de dto.).

En secretaría entregaranche as chaves que dan acceso ás diferentes aulas do centro.

Busca o armario do profesor/a que substitúes na sala do profesorado, por se deixou nel o libro de clase ou calquera outra información de interese.

2. Se aínda non o fixeches, debes entregar na secretaría a ficha cos teus datos persoais. Tamén deberás dirixirte ó director para asinares a Declaración xurada e para xerar a túa Toma de posesión.

3. Para calquera dúbida sobre as materias, material de aula, etc., deberás dirixirte ó xefe/a de departamento ou, no seu defecto, a algún compañeiro de departamento. En caso de que che falte o libro do alumnado podes dirixirte a secretaría, onde che poden facilitar unhas listaxes dos grupos nos que debes impartir clase.

4. O equipo directivo está composto por Chema (director), Alberto (vicedirector), Claudina (xefa de estudos), Mariela (xefa de estudos de adultos) e Marga (secretaria). Esperamos que a túa estancia entre nós sexa grata, e poñémonos á túa disposición para calquera cousa que precises.

O equipo directivo.

- Ficha de datos persoais

- Protocolo para realización de gardas

- Protocolo de xestión de incidencias

- Protocolo de control de asistencia e puntualidade

- Normas de convivencia

 

 

 

 



page | by Dr. Radut