Esquema de temas

  • Axenda de tarefas

  • Porcentaxes de avaliación

    - Esquemas: 15%

    - Tarefas: 15%

    - Traballo: 50%

    - Probas: 10%

    - Participación: 10%

    • Tema 1. Ser persoa e saber convivir.

      1. Como se constrúe a nosa identidade.
      2. O público e o privado.
      3. Elixir o correcto: ética e dereito.
      4. Valores e virtudes para a convivencia.

      Nesta unidade abordaremos a cuestión da nosa identidade, sabendo que as nosas circunstancias inflúen no que somos, así como no que decidimos ou facemos. Deste xeito, hai que afondar en todo aquilo que afecta as nosas decisións, tanto no ámbito privado como no público, sabendo distinguir como de libre son en cada unha destas esferas.

      • Tema 2. Liberdade para elixir.

        1. A conquista da liberdade.
        2. A estrutura da moral da persoa.
        3. Ética, intelixencia e liberdade.
        4. A utilidade ao servizo da sociedade.
        5. A ética de John Stuart Mill.

        Nesta unidade afondaremos no que queremos dicir cando falamos de liberdade: que significa, ten límites, quen os pon? Como estudamos na unidade un, sabemos que as nosas circunstacias (como nos ensinou Ortega y Gasset) condicionan o que somos e tamén as nosas accións e decisións. Así, debemos saber saber que falamos cando nos referimos á ética e á moral e os distintos criterio que existen á hora de debater sobre o que é o correcto, o xusto e o bo (p.ex. o utilitarismo de John Stuart Mill)

      • Tema 3. Ética e política: a democracia.

        • Por que necesitamos a política?
        • A importancia da xustiza
        • Quen debe gobernar
        • O goberno do pobo
        • Os valores da democracia

        Cando falamos de política adoitamos ligar este concepto aos debates eleitorais e as noticias dos medios de comunicación. Identificar a política só con isto sería un erro, xa que esta trata sobre moitas máis cousas. Todo o que ten que ver coa vida en comunidade, todo o que afecta á sociedade é parte da política. Nós mesmos somos, como dicía Aristóteles, animais políticos: necesitamos da comunidade para ser felices e poder realizarnos, de aí que a política sexa necesaria. Nesta unidade estudaremos como esta rama da filosofía práctica está en comunión con outras, especialmente a ética. Falaremos do que se entende por xustiza así como das distintas formas de goberno, lexítimas e ilexítimas, e remataremos analizando o que entendemos por democracia.

        • Tema 4. A democracia española e a Unión Europea.

          • A constitución Española e os dereitos humanos
          • Dereitos e deberes na Constitución
          • As principais obrigas cívicas
          • O Estado do benestar
          • A nosa casa común: Europa

          Na anterior unidade analizamos, de forma xeral, o que se entende por democracia. Agora toca afondar nas características do sistema democrático no cal vivimos, debatendo a partir da súa carta de leis fundamental: a Constitución de 1978. Aquí recóllense os principais dereitos e deberes a seguir para asegurar a nosa convivencia. 

          Da mesma forma, explicaremos as orixes e funcionamento da principal organización supranacional á que pertencemos: a Unión Europea, na cal se toman decisións que afectan de forma clave ao nosos día a día.