Novidades

Máis novidades en abril

Continuamos coa presentación das novas incorporación que xa podes atopar nos andeis da biblioteca escolar do centro. Neste caso falamos de varios libros e dun disco que pasaría á historia da música pop-rock.

La historia más bella del mundo : los secretos de nuestros orígenes / Hubert Reeves ... [et al.]

Anagrama, 2009

 
La historia más bella del mundo  

De onde vimos? Que somos? Por que estamos aquí? Onde imos? Son as únicas preguntas que paga a pena formular. Ata agora só a relixión e a filosofía ofrecían respostas. Hoxe tamén a ciencia ten unha opinión: reconstruíu a historia do mundo.
Hai unha mesma evolución que, dende hai quince mil millóns de anos, empurra á materia a organizarse, do Big Bang á intelixencia. Descendemos dos monos, das bacterias e tamén das galaxias. Os elementos que compoñen o noso corpo son os que antano fundaron o universo.

Materia: 1. Bioxénese. 2. Home-Orixe. 3. Cosmogonía

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais: CN-573/HIS

 

La ciencia de Leonardo : la naturaleza profunda de la mente del gran genio del Renacimiento / Fritjof Capra

Anagrama, 2011

 
La ciencia de Leonardo   Fritjof Capra demostra que Leonardo foi o «pai (non recoñecido) da ciencia moderna». A partir do exame de máis de seis mil páxinas dos cadernos de notas que sobreviviron, Capra explica que Leonardo abor­dou o coñecemento científico coa mirada do artista. Os seus estudos das formas vivas e das inertes o con­vierten nun precursor do enfoque empírico e sistemático da observación da natureza, o que hoxe se coñece como método científico. As exploracións cientí­ficas de Leonardo abranguían un espectro moi amplo. Estudou os patróns de voo das aves para crear al­gunas das primeiras máquinas de voar. Coa súa conoci­miento das pancas, as traxectorias e as forzas, di­señó armas. Estudou óptica e as funcións do corazón humano. Era un xenio da mecánica, e non obstante a súa visión do mundo non era mecanicista, senón orgánica e ecolóxica.

Materia: 1. Leonardo da Vinci (1452-1519). 2. Ciencia renacentista

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais: CN-001/CAP/cie

 

Alimentación saudable / Xulio Astor Camino, Montserrat Astor Camino

Edicións Xerais, 2008

 
Alimantación saudable   Que son as calorías baleiras? Por que é necesaria a fibra dietética? Que teñen de especial os ácidos graxos omega-3? Como é un menú axeitado para persoas con problemas de colesterol? Existe relación entre saúde e distribución de graxa corporal? Por que a obesidade é unha enfermidade? Que é iso dos prebióticos e probióticos? Este libro pretende, cunha linguaxe sinxela e amena pero con toda a rigorosidade científica, contestar a estas preguntas e moitas máis que interesan ao gran público. Nos últimos anos os coñecementos sobre nutrición avanzaron a unha enorme velocidade, e as pautas, que ata hai ben pouco a ninguén se lle ocorrería pór en discusión, considéranse agora totalmente obsoletas. Unha dieta equilibrada e variada é fundamental para a saúde e benestar de cada un de nós, e un consumidor ben informado terá os coñecementos necesarios para poder tomar as decisións correctas sobre a súa alimentación.

Materias: 1. Nutrición. 2. Dietética

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais: CN-613/AST/ali

 

El tesoro cósmico / Lucy y Stephen Hawking con Christophe Galfard

Debolsillo, 2012

 
El tesoro cósmico  

Algo non marcha ben. Eric, o antigo veciño de George, está en Florida traballando nun proxecto científico para descubrir se hai vida no planeta Marte e noutros lugares do sistema solar. O robot encargado da misión actúa de forma moi estraña e, segundo lle conta Annie a George, un alien envioulles unha mensaxe páx. ara dicirlles que deben volver ao espazo se non queren que o mundo se remate! Unha vez máis, Annie e George deberán enfundarsemsus traxes espaciais e seguir as pistasque conduciranlles ata un peligrosisímo e sinistro personaxe...

Materia: 1. Misterio-Novelas. 2. Amizade-Novelas. 3. Científicos-Novelas. 4. Familia-Novelas. 5. Universo-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en lingua castelá: LES-N/HAW/tes

 

Please Please Me [CD-DA] / The Beatles

EMI Records, 2009

 
Please please me   "Please Please Me" é o álbum de estrea da banda inglesa de rock The Beatles, editado o 22 de marzo de 1963 no Reino Unido a través do selo Parlophone. Foi publicado ás presas para capitalizar o éxito dos sinxelos "Please Please Me" (número 1 na meirande parte das listas británicas) e "Love Me Do" (número 17). Das catorce cancións do disco, oito foron compostas pola parella formada por John Lennon e Paul McCartney (orixinamente acreditados como "McCartney–Lennon"), a primeira evidencia do que a Rolling Stone chamou posteriormente "[a súa invención da] idea da banda de rock independente, escribindo os seus propios temas e tocando os seus propios instrumento". No ano 2012, Please Please Me foi colocado no posto 39 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos". [Fonte: Wikipedia]

Materias: 1. Música Rock-Gravacións sonoras

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: CD-784/BEA/ple

Novidades abril

Para o mes de abril a biblioteca escolar proponche descubrir unha nova colección de novela de intriga e policiaca recén incorporada aos nosos andeis. Se che gusta a novela negra, se gozas coas historias de detectives e policias, ou ben, se queres iniciarte no xénero por vez primeira, esta é unha boa oportunidade para descubrir as intensas historias que se agochan detrás da liña de separación policial.

Shutter Island/ Dennis Lahane

El País,  2013

 
Shutter Island  

Verán de 1954. O axente federal Teddy Daniels chega a Shutter Island, illa na que está situado o hospital Ashecliffe, un centro penitenciario para enfermos mentais. Xunto co seu compañeiro, Chuck Aule, proponse encontrar unha paciente desaparecida, unha asasina chamada Rachel Solando, a medida que un furacán azouta a illa. Non obstante, nada é o que parece no hospital Ashecliffe. E Teddy Daniels tampouco. Foi ata alí para encontrar unha paciente desaparecida? Ou enviárono para investigar os rumores acerca dos radicais métodos psiquiátricos que se utilizan nesa institución? Uns métodos que posiblemente inclúan a experimentación con drogas, probas cirúrxicas terribles, contraataques mortais na guerra encubrida en contra dos lavados de cerebro soviéticos...

Materia: 1. Islas-Novelas. 2. Medo-Novelas. 3. Investigación criminal-Novelas. 4. Conspiración-Novelas. 5. Segredos-Novelas. 6. Psiquiatras-Novelas. 7. Experimentos-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en lingua castelá: LES-N/LAH/shu

 

La huella / Patricia Cornwell

El País,  2013

 
La huella   Kay Scarpetta regresa á clínica forense de Richmond (Virxinia) -que fora durante anos o seu centro de traballo- para participar na investigación da morte dunha adolescente. Gilly Paulsson foi achada morta na súa cama sen aparentes signos de violencia; non obstante, o feito de que a autopsia se estea a pospoñer máis do previsto e que o FBI estea interesado en coñecer os resultados da mesma esperta o receo da forense.

Materia: 1. Misterio-Novelas. 2. Asasinatos-Novelas. 3. Detectives-Novelas. 4. Investigación criminal-Novelas. 5. Intriga-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en lingua castelá: LES-N/COR/hue

 

Una llamada misteriosa / Philip Kerr

El País, 2013

 
Una llamada misteriosa   Volve Bernie Gunther. Fuxindo dunha absurda acusación de criminal de guerra, deixará Berlín con destino a Buenos Aires. É 1950 e o seu destino non é casual: unha rapaza foi asasinada de forma espantosa ao outro lado do Atlántico e o modus operandi enlázao con outro semellante nos últimos días da República de Weimar (Alemaña de entreguerras). E Gunther nunca se rinde. Philip Kerr vólvenos a proporcionar un thriller poderoso e irresistible, trasladándonos da Alemaña nazi á convulsa Arxentina de 1950.

Materias: 1. Asasinatos-Novelas. 2. Detectives-Novelas. 3. Investigación criminal-Novelas. 4. Intriga-Novelas 5. Arxentina-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en lingua castelá: LES-N/KER/lla

 

La muerte de Amalia Sacerdote / Andrea Camilleri

El País, 2013

 
La muerte de Amalia Sacerdote  

Michele Caruso, director da RAI en Palermo, négase a que o auto de procesamento de Manlio Caputo, fillo do líder da esquerda siciliana e acusado do homicidio da súa noiva Amalia Sacerdote, filla á súa vez dun notable deputado do partido rival, abra o informativo rexional da tarde: «Esta historia é perigosa para todos, tamén para quen debe dar a noticia,». E é que «unha pura e simple noticia de sucesos» non é pura nin simple en Sicilia, onde política, mafia e familia conforman unha rede tan sólida, que ata a xustiza e o periodismo

Materia: 1. Xornalistas-Novelas. 2. Mafia-Novelas. 3. Corrupción-Novelas. 4. Asasinatos-Novelas. 5. Intriga-Novelas. 6. Políticos-Novelas. 7. Sicilia-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en lingua castelá: LES-N/CAM/mue

 

Mystic River / Dennis Lehane

El País, 2013

 
Mystic River  

De pequenos Sean Devine, Jimmy Marcus e Dave Boyle foron amigos de andanzas ata que un día aconteceu algo terrible: Dave foi secuestrado cando xogaban na rúa. Vintecinco anos máis tarde, Sean traballaba no Departamento de Homicidios da Policia; Jimmy -exconvicto- ten unha tenda no barrio; e Dave intenta salvar o seu matrimonio e manter os seus demos a raia.

Materias: 1. Amizade-Novelas. 2. Relacións familiares-Novelas. 3. Busca da identidade propia-Novelas. 4. Asasinatos-Películas. 5. Investigación criminal-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en lingua castelá: LES-N/LAH/mis

El secreto de Christine / Benjamin Black

El País, 2013

 
El secreto de Christine  

Entre tabernas, fume, whisky, poderosas congregacións relixiosas e dubidosas obras de caridade, o Dublín dos anos 50 esconde terribles segredos. Polos corredores dos orfanatos e tras os pasos de silenciosas monxas de centros que acollen mulleres embarazadas das clases máis desfavorecidas da cidade, crece unha tene brosa rede de tráfico de nenos. Só un patólogo, perdido entre os seus propios sentimentos de culpa, será capaz de enfrontarse aos escuros plans que está a maquinar algúns membros das máis poderosas familias xunto ás máis altas esferas da igrexa católica. Todo vai ser cuestión de fe.

Materia: 1. Conspiración-Novelas. 2. Intriga-Novelas. 3. Secretos-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en lingua castelá: LES-N/BLA/sec

 

El camino difícil / Lee Child

El País, 2013

 
El camino difícil  

Nova York. Noite. Un Mercedes chama a atención de Jack Reacher. Un sospeitoso empresario contratouno para que investigue o secuestro da súa muller e o seu fillo. Pero nada encaixa. Algo repugnante que tivese preferido non descubrir o levará lonxe de Nova York e xa non poderá deterse, chegando moito máis lonxe do que tivese podido imaxinar.

Materia: 1. Misterio-Novelas. 2. Detectives-Novelas. 3. Intriga-Novelas. 4. Secuestros-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en lingua castelá: LES-N/CHI/cam

 

Novidades de marzo na biblioteca

Mes a mes, dende esta sección, queremos informar das últimas incorporacións ao catálogo da túa biblioteca escolar. Nesta ocasión presentamos algunhas das novidades recibidas ao longo das últimas semanas. Libros que xa podes atopar nos andeis e expositores para coller, ler na sala ou onde ti queiras.

Biografía de la física / George Gamow

Alianza Editorial, 2010

 
Biografía de la Física  

Dentro da tradición da gran divulgación científica, GEORGE GAMOW (1904-1968), destacado físico teórico que traballou con Niels Bohr, ocupa un lugar sobresaínte. Entre as súas achegas científicas destacan a proposta dun modelo nuclear, o concepto de «barreira de Gamow» (ou barreira potencial no interior do núcleo) e o modelo cosmolóxico do «Big Bang». BIOGRAFÍA DA FÍSICA expón a historia desta disciplina con admirable sinxeleza e rigor.

Materia: 1. Física-Historia

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais: CN-53/GAM/bio

 

De Voces Ceibes a Milladoiro : unha memoria do movimento popular da canción galega, 1973-1978 / Antón Seoane

Galaxia,  2013

 
De Voces ceibes a Milladoiro   Da man de Antón Seoane, un dos nosos músicos máis importantes e peza fundamental de Milladoiro, viaxamos polos anos anteriores á saída do primeiro disdo da mítica formación, ao tempo que se revisa unha época (a fin do franquismo) e un proxecto: o intento por construír unha música de nós e botar a andar un proxecto absolutamente diferente: Milladoiro.
O libro acompáñase dun CD no que Antón Seoane, Pilocha e Rodrigo Romaní, coa participación de Nando Casal, Bibiano, Miro Casabella, X. Quintas Canella, Dónal Lunny, Harry C, Roi Casal, Manú Conde, Pancho Álvarez, Anxo Pintos, Segundo Grandío, Laura Amado, Quico de Cariño, Natalia Zoltan e outros compañeiros de viaxe e aventuras, volven gravar, dándolles nova vida, cancións emblemáticas do período 1973-1978, algunhas delas rexitradas para este proxecto por vez primeira.

Materia: 1. Milladoiro (Grupo musical). 2. Voces Ceibes. 3. Música popular-Galicia-1973-1978

Dispoñible na sección de Música: MUS/SEO/dev

 

Na lingua que eu falo [Rexistro sonoro] : Najla Shami canta a Rosalía Castro

Galaxia, 2013

 
Na lingua que eu falo  

Na lingua que elas falan, na lingua que falamos e que queremos seguir falando. Cancións dunha elegancia feliz. Músicas que son coma un tremor rosaliano. Actualización da poeta ao século XXI. E a voz de Najla Shami, desde a profundidade dun dicir e dun cantar ás veces delicado, ás veces profundo. Sempre suxestivo. "Na lingua que eu falo" é un agasallo para os corazóns. Cada canción, un latexo. Rosalía pentagramada en aires novos.

Materia:  1. Poesía galega-Adaptacións musicais

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: CD-784/SHA/nal

 

Ardalén / Miguelanxo Prado

El Patito Editorial,  2012

 
Ardalén  

Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo.
Miguelanxo Prado Mellor Autor Español por Ardalén no Salón do Cómic de Barcelona

Materia: 1. Banda deseñada. 2. Recordos-Cómics. 3. Emigración e inmigración-Cómics. 4. Mares e océanos-Cómics. 5. Soños-Cómics

Dispoñible na sección de BD: COM/PRA/ard

 

Feminismo para principiantes / Nuria Varela

Ediciones B, 2013

 
Feminismo para principiantes  

Feminismo para principiantes propón un apaixonante percorrido pola historia e polos temas que son obxecto do seu estudo. Suxire colocarse uns lentes violetas para percibir mellor como se ve a vida coa mirada feminista.

Materias: 1. Teoría feminista. 2. Feminismo-Historia

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-323/VAR/fem

La herida de Spinoza : felicidad y política en la vida posmoderna / Vicente Serrano

Anagrama, 2011

 
La herida de Spinoza  

A vida enteira de moitos ensaístas transcorre sen dar xamais cun tema. Este ensaio non só se topa cun tema, senón que mesmo se dá o luxo de aproveitalo. O tema é a felicidade. Non obstante, "La herida de Spinoza" é un libro de filosofía, non de autoaxuda. Parte dalgunhas conclusións recentes da neuroloxía, en particular das investigacións de Antonio Damasio acerca da impertinencia da secular división entre mente e corpo. O propio Damasio vincula as súas investigacións coas ideas que Spinoza expuxo na súa Ética. Para Damasio, a tranquila aceptación da morte, un dos sinais de identidade da ética de Spinoza de feito, a «ferida» de Spinoza, resulta «irritante».

Materia: 1. Política-Filosofía. 2. Felicidade. 3. Spinoza, Benedictus de

Dispoñible na sección de Filosofía.: FL-1/SER/her

 

Tu sexo es tuyo : todo lo que has de saber para disfrutar de tu sexualidad / Sylvia de Béjar

Booket, 2011

 
Tu sexo es tuyo  

O sexo non é algo que se remate na cama, que sucede durante un anaco e que cando remata se rematou e punto. É moito máis. Se te sentes realmente satisfeita, perfecto. Pero se non é así ou tes dúbidas ou cres que podería mellorar, non te conformes, nin mires cara a outro lado, nin te digas que é só un aspecto máis da túa vida ou da túa relación: o sexo é importante. De aí este libro, que inclúe todo o que has de saber (e ha de saber el) para comprender a túa sexualidade, reflexiona con sinceridade sobre algúns dos temas que preocupan a moitas mulleres e expón (non impón) algunhas ideas, fíos dos que tirar. É probable que esteas de acordo en moitos temas, noutros discreparás, pero, en calquera caso, a súa lectura farate pensar na túa sexualidade e gozar (moito máis) dela. Porque o teu sexo é (aínda máis) teu.

Materia: 1. Mulleres-Conducta sexual

Dispoñible na sección de Orientación sexual e afectiva: OA-613/BÉJ/tus

 

Novidades de febreiro

Febreiro comeza e, co novo mes, chegan á biblioteca máis fondos que veñen a enriquecer o noso catálogo. Nesta ocasión presentamos varios títulos que xa podes atopar no expositor de novidades da túa biblioteca escolar.

Punto de fuga (BD) / Miguel Cuba

Demo, 2011

 
Punto de fuga  

A historia de Mateo é a historia dunha voz anónima pertencente a toda unha xeración que sabe cal é o prezo da comodidade que nos ofrece a sociedade consumista, e aínda así non perde a esperanza de atopar o seu punto de fuga para cruzar o horizonte máis alá da indignación. Nese horizonte arredado aparecerá sen dúbida esa liña mestra que axude á consecución do debuxo da súa vida.

Materia: 1. Banda deseñada. 2. Crítica social-Cómics. 3. Vida cotiá-Cómics. 4. Santiago de Compostela-Cómics. 5. Mozos-Cómics. 6. Busca da identidade propia-Cómics

Dispoñible na sección de BD: COM/CUB/pun

 

La conquista islámica de la Península Ibérica y la tergiversación del pasado : del catastrofismo al negacionismo / Alejandro García Sanjuán

Marcial Pons Historia, 2013

 
La conquista islámica de la Península Ibérica   A conquista islámica de 711 constitúe un dos episodios máis importantes e, á vez, máis controvertidos e terxiversados da historia de España. O españolismo nacionalcatólico xerou unha visión denigratoria baseada nunha lectura catastrofista (a «perda de España»), mentres que, pola contra, a tradición árabe promoveu un paradigma mitificador baseado na idea da misión civilizadora do Islam. A manipulación deste relevante feito histórico alcanza as súas máximas cotas coa corrente negacionista, que pretende desvincular a orixe de Al-Andalus da conquista e representa unha vulgar fraude historiográfica executada sobre a manipulación, nuns casos, e o evito, noutros, dos testemuños históricos. Ademais dunha refutación crítica de todas estas lecturas deformantes, a presente obra achega unha visión de conxunto da conquista de 711, conectando este acontecemento co problema das orixes do Islam e a situación do reino visigodo de Toledo a través dunha nova lectura das fontes históricas na que, por vez primeira, se toma en consideración tanto a información procedente do rexistro literario (latino e árabe) como arqueolóxico (moedas e selos de chumbo).

Materia: 1. Al-Andalus-Historia. 2. España-Historia-711-1492 (Reconquista)

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-94/GAR con

 

Transformar el mundo : revoluciones burguesas y revolución social / Neil Davidson

Pasado & Presente, 2013

 
Transformar el mundo  

Neste libro o profesor Davidson analiza e compara os casos inglés, alemán e francés para extraer a resposta ao dilema: Foron realmente revolucionarias as revolucións burguesas? Que erros de análise padeceron polas distintas escolas historiográficas? e, o máis importante: Como influíron nos posteriores movementos revolucionarios que chegan ata os nosos días?

Materia:  1. Revolucións-Historiografía

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-323/DAV/tra

 

As rapazas de Xan / Manuel Iglesias Turnes

Xerais,  2012

 
As rapazas de Xan  

De malla a malla desenvólvese a historia de amor, protagonizada por Carmela e Manuel durante os difíciles anos da posguerra en Cabanelas. Mais tamén é esta unha emocionante novela coral na que se describe o complexo tecido de relacións que compoñen a vida dunha aldea, marcada pola pobreza e a miseria, pola forte presenza da Igrexa que exerce unha notable influencia na vida cotiá, e pola ausencia de futuro na propia terra, cando a saída máis favorable para os seus habitantes máis novos é a emigración a Montevideo.

Materia: 1. Amor-Novelas. 2. Vida rural-Novelas. 3. Galicia-Novelas. 4. Emigración e inmigración-Galicia-Novelas. 5. Postguerra-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/IGL/rap

 

50 teorías filosóficas intelectualmente estimulantes / Barry Loewer

Blume, 2010

 
50 teorías filosóficas  

«Penso, logo existo», o existencialismo, o materialismo dialéctico? O método socrático e a deconstrucción? Seguro que sabe o que significan. Sen dúbida oíu falar deles. Pero, sabe o suficiente para poder participar nun debate informal ou sorprender cos seus coñecementos? Tanto se somos conscientes diso coma se non, todos posuímos crenzas filosóficas. Á fin e ao cabo, as crenzas e as vidas daqueles que reflexionan sobre elas non son moi diferentes das crenzas e das vidas daqueles que non o fan. A filosofía é divertida e nestas páxinas encontrarás as ideas máis cativadoras, máis enxeñosas, máis asombrosas, e ás veces inquietantes, que xamais a humanidade albergase.

Materias: 1. Filosofía-Teorías

Dispoñible na sección de Filosofía: FL-1/LOE/50

 

Se suspende la función / Fernando Lalana

Anaya, 2008

 
Se suspende la función  

«Estimados amigos, espectadores novos, amado público...Exem...! Isto... Podería explicarse alguén que demos estades a facer aquí? Porque... non teredes vido, por casualidade, a ver unha función de teatro?».

Materia: 1. Humor-Teatro. 2. Teatro-Teatro. 3. Personaxes de ficción-Teatro

Dispoñible na sección de Ling. castelá e Lit.: LES-T/LAL/ses

 

2083 / Vicente Muñoz Puelles

Edebé, 2010

 
2083  

Estamos no ano 2083. A pesar do cambio climático, a erosión da cuberta vexetal, a seca e o avance imparable dos desertos, a vida no Hemisferio Norte non cambiou demasiado. David, orfo de nai, cumpre cos seus estudos na teleclase e o seu pai traballa nunha axencia de viaxes que garante visitar o interior dos libros, xa que estes desapareceron como obxectos de papel, pero se conservan na web. As viaxes virtuais a esas historias literarias do pasado nunca interesaran ao mozo, ata que aquel verán... 

Materia: 1. Amor-Novelas. 2. Realidade virtual-Novelas. 3. Lectura-Novelas. 4. Viaxes fantásticas-Novelas. 5. Futuro-Novelas. 6. Libros-Novelas

Dispoñible na sección de Ling. castelá e Lit.: LES-N/MUÑ/2083

 

Novidades de xaneiro

Xaneiro trouxo á biblioteca novos títulos que veñen a enriquecer o noso catálogo. A continuación, unha pequena escolma das novidades que xa podes consultar na túa biblioteca escolar.

Por que non aprendo? : as dificultades de aprendizaxe / Silvia Caride López

Galaxia, 2010

 
Por que non aprendo?  
Por que non aprendo é un libro escrito cun afán eminentemente práctico, nunha linguaxe accesible e con vocación de servir de axuda a todos aqueles (pais, nais, profesionais do ensino,orientadores...) que queren enfrontarse á problemática das dificultades de aprendizaxe. Cun estilo claramente didáctico, procurando a sinxeleza e evitando a terminoloxía especializada, Silvia Caride López explícanos como podemos axudar os nosos fillos/as en todo o que teña que ver coa súa aprendizaxe. A autora recorre a casos concretos e á súa experiencia profesional para mergullarnos nun camiño que conduce directamente ao fin que moitos pais e nais perseguen: axudar os seus nenos e nenas no camiño longo da educación. Porque cando hai unha dificultade de aprendizaxe non hai que desesperarse, senón atopar os vieiros para a súa solución.

Materia: 1. Trastornos de aprendizaxe. 2. Nenos con trastornos de aprendizaxe

Dispoñible na sección de Orientación académica: OA-376/CAR

 

Un pozo moi fondo : anorexia, bulimia e outros trastornos da conducta alimentaria / José Luis Iglesias

Galaxia, 2012

 
Un pozo sen fondo  

Anorexia, bulimia e outros trastornos dá conduta alimentaria Un pozo moi fondo pretende ser unha guía útil para ás familias, os docentes, e os propios doentes, para saber como enfrontarse aos trastornos da conduta alimentaria. Nunha linguaxe clara e accesible a todo ou mundo, o doutor Igrexas Diz, especialista recoñecido neste tipo de cuestións, fainos ver cando nos debemos alarmar diante de determinados comportamentos e como recoñecer vos síntomas que anuncian a aparición dá enfermidade, ao tempo que nos ofrece estratexias para dende á casa, a escola, os medios de comunicación, etc., abordar esta espiñenta cuestión coa seguridade de que estamos a facer ou correcto.

Materia: 1. Anorexia. 2. Bulimia. 3. Conduta alimentaria

Dispoñible na sección de Orientación académica: OA-616/IGL/poz

 

Contes et légendes des Héros de la Mythologie / Christian Grenier 

Nathan, 2010

 
Contes et légendes des Héros de la Mythologie  

Orphée, Antigone, Thésée, Persée, Œdipe... Pâris, Achille, Ulysse... Oui, ces héros restent toujours aussi attachants. Même quand ils bénéficient de la complicité des dieux, ils gardent les faiblesses des hommes. De Persée, qui sut vaincre Méduse, aux exploits d'Ulysse-le-rusé, en passant par les héros de la guerre de Troie, la mythologie regorge de ces personnages dont la générosité ou l'audace entraînèrent des prouesses exemplaires.

Materia:  1. Mitoloxía grega

Dispoñible na sección de Lingua francesa e Literatura: LF-N/GRE/con

 

Secesión : causas y consecuencias del divorcio político / Allen Buchanan

Ariel,  2013

 
Secesión  

Este libro, un dos primeiros estudos de calado feitos sobre un fenómeno crecente e de crucial importancia política, analiza a moral da secesión dende dúas perspectivas. A un nivel práctico, Buchanan desenvolve unha teoría coherente en función da cal sostén que a secesión ten xustificación moral. A continuación aplícaa a exemplos históricos contemporáneos, dende a Guerra Civil estadounidense ata os casos máis recentes de Bangla Desh, os estados bálticos, Sudáfrica ou Quebec.

Materia: 1. Nacionalismo. 2. Autodeterminación nacional

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-323/BUC/sec

 

A volta do Xove Príncipe / A. G. Roemmers

Galaxia, 2013

 
A volta do Xove Príncipe  

Un libro inspirado no clásico de Antoine de Saint-Exupèry, unha obra que plantea unha historia destinada a lembrarnos as cousas que son realmente importantes na vida: o amor, a familia…en definitiva, todos os valores que fan a nosa existencia máis humana. Un libro para todas as idades. Sinxelo. Poético. Unha pequena alfaia.

Materias: 1. Valores sociais-Contos

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/ROE/vol

 

Los mejores códigos secretos de la historia / E. Zéda

Zendrera Zariquiey, 2009

 
Los mejores códigos secretos de la historia  

Como comunicarse cun amigo sen que ninguén máis poida entender a mensaxe? Como descubrir a información que outros ocultan? Este libro daravos todas as claves para crear e descodificar os mellores códigos secretos. A través de como mirar a lingua de sinais, escoitar o código morse, falar o sipi-napo, escribir o alfabeto braile, localizar o código do calendario, descifrar paquetes de letras numerados, desprazar o código de Xulio Cesar, fabricar o disco codificado e conseguir os mellores escondedoiros. Para converterse no mellor detective ou axente secreto.

Materia: 1. Criptografía-Libros infantís

Dispoñible na aula de 3º PDC: PDC-003/ZÉD/mel

 

Una ciudad a través del tiempo / Philip Steele, Steve Noon

Blume, 2006

 
Una ciudad a través del tiempo  

Somérxete nunha espectacular viaxe na que descubrirás a historia dunha cidade. Dende os primeiros asentamentos gregos ata a metrópole industrial, observa como crece a cidade e descobre como cambiou a forma de vivir dos seus habitantes ao longo dos séculos.

Materia: 1. Cidades-Europa-Historia

Dispoñible na sección de Ciencias sociais: CS-711/STE/ciu

 

Novidades para o Nadal

Chegan as vacacións de Nadal e con elas tempo de lecer abondo para ocupar coas nosas afeccións. Se a lectura está entre elas, este é o momento de achegarte á biblioteca e descubrir as últimas incorporacións ao fondo que te agardan no expositor de novidades.


 

Bruja de las mareas / Tea Stilton

Destino,  2013

 
Bruja de las mareas  

Agora que o Rei Malvado e o Príncipe Sin Nombre dormen na Rocha do Sono, parece que vai empezar unha época de prosperidade no Gran Reino. Pero, de súpeto, enxérgase unha sombra no horizonte: as Bruxes Grises volveron. Estas criaturas sen tempo, vellas aliadas do Rei Malvado, propóñense loitar contra as Princesas coas armas da Maxia Sin Color. Durante un enfrontamento sen precedentes, as cinco fillas do Rei Sabio comprenden que hai algo no pasado das bruxas, un segredo oculto entre as dobras do tempo. E terán que descubrilo se queren derrotalas.

Materia: 1. Meigas-Novelas. 2. Bruxas-Novelas. 3. Mundos fantásticos-Novelas. 4. Fantasía-Novelas. 5. Loita entre o ben e o mal-Novelas. 6. Princesas-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua casteñá e Literatura: LES-N/STI/bru
 

Tríada. Predestinación : Segunda parte / Laura Gallego García

S.M., 2013

 
Memorias de Idhun. Triada  

Jack está a punto de descubrir que hai que baixar ao mesmo inferno para encontrar as respostas que agardan no noso interior. Mentres, Victoria, convencida de que Kirtash asasinou a Jack, se enfronta co shek, disposta a cobrarse vinganza. Son os tres únicos híbridos que quedan no mundo. Se cae algún, caerán todos e con eles, Idhún.

Materias: 1. Banda deseñada. 2. Aventuras-Cómics. 3. Fantasía-Cómics. 4. Adiviñación-Cómics. 5. Mundos fantásticos-Cómics. 6. Loita entre o ben e o mal-Cómics

Dispoñible na sección de banda deseñada: COM/GAL/mem

 

La piel extensa : antología / Pablo Neruda

Edelvives, 2013

 
La piel extensa  

O libro reúne 55 poemas en sete apartados temáticos que condensan o espírito da obra nerudiana, as súas diversas épocas estilísticas e os temas que lle preocupaban. Son os titulados "O amor","A poesía", "O mar", "O tempo", "Un espazo para os sentidos", "A atureza en voo" e "Ao final unhas preguntas". A presente antoloxía foi preparada polos poetas Gerardo Beltrán e Abel Murcia, coñecidos no ámbito da poesía en español por ser os tradutores de referencia da premio Nóbel Wislawa Szymborska e outros poetas polacos contemporáneos. As ilustracións son obra de Adolfo Serra, que retrata á perfección o torrente entusiasta e colorista, que son os versos do poeta chileno.

Dispoñible na sección de Lingua castelá e Literatura: LES-P/NER/pie

 

 

Antimanual de filosofía / Michel Onfray

Edaf,  2013

 
Antimanual de Filosofía  

Pódese filosofar en zapatillas, como para andar por casa, tranquilamente, sen poñer na palestra o mundo como é; tamén se pode utilizar a filosofía como a dinamita, ao estilo nietzscheano. Isto último é o que se propón Michel Onfray neste Antimanual que interroga filosoficamente o mundo real a partir de cuestións moi actuais: a escravitude xerada polas sociedades liberais, os novos límites da liberdade marcados por Internet, a posible produción xenética de monstros, o odio xeneralizado contra a arte contemporánea, a paixón pola mentira entre os políticos, etc.

Materia: 1. Filosofía-Obras de divulgación

Dispoñible na sección de Lingua Filosofía: FL-1/ONF/ant

 

El héroe discreto / Mario Vargas Llosa

Alfaguara, 2013

 
El héroe discreto  

O heroe discreto narra a historia paralela de dous personaxes: o ordenado e entrañable Felícito Yanaqué, un pequeno empresario de Piura, que é extorsionado; e de Ismael Carrera, un exitoso home de negocios, dono dunha aseguradora en Lima, quen orde unha sorpresiva vinganza contra os seus dous fillos lacazans que quixeran velo morto. Ambos os dous personaxes son, ao seu modo, discretos rebeldes que intentan facerse cargo dos seus propios destinos, pois tanto Ismael coma Felícito bótanlle un pulso ao curso dos acontecementos. Mentres Ismael desafía todas as convencións da súa clase, Felícito aférrase a unhas poucas máximas para sentar cara á chantaxe. Non son xusticeiros, pero están por enriba das mesquindades do seu ámbito para vivir segundo os seus ideais e desexos.

Dispoñible na sección de Lingua castelá e Literatura: LES-N/VAR/hér

 

Achégate á lectura dun novo xeito

lector dixital de libros  

Dende o 16 de decembro a biblioteca escolar do IES de Brión pon á túa disposición un novo xeito de achegarte á lectura. Os libros de sempre están agora dispoñibles en formato dixital grazas aos lectores e-reader, un novo xeito de gozar da literatura e doutros contidos compatibles.

Si es socio da biblioteca poderás gozar da mellor lectura en sala e tamén na túa casa (atendendo a unha serie de condicións e requisitos) a través dos novos lectores dixitais que acabamos de incorporar ao fondo. Con eles poderás acceder a unha nova experiencia lectora e descubrir as posibilidades dos novos soportes da información con que contan as modernas bibliotecas.

Se estás interesado/a, pásate pola biblioteca e infórmate das condicións de uso desta nova ferramenta, da que xa dispós na túa biblioteca escolar.

 

Novidades novembro: 2ª parte

Continuamos co noso escaparate de novidades do mes de novembro. Agora é hora de presentar as últimas incorporacións en lingua castelá. Xa as podes consultar no expositor de novidades da túa biblioteca escolar.

 

El faro de los acantilados / J. L. Martín Nogales

Anaya, 2013

 
El faro de los acantilados  
Nun pequeno pobo do norte, mentres o país se encontra sumido en plena Guerra Civil, o mestre desapareceu sen deixar rastro. Os seus alumnos, Blanca, Yago, Fátima e David, non se resignan á ausencia e comezan a súa busca, sen ser conscientes de onde se internan. Un caderno con escritos do mestre, os seus libros con anotacións e o misterioso fareiro pouco a pouco achegarán pistas. A través dos libros irán coñecendo o que era o seu mestre e serán seducidos polo murmurio da literatura.

Materia: 1. Misterio-Novelas. 2. Mestres-Novelas. 3. Intriga-Novelas. 4. Guerra civil española, 1936-1939-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua casteñá e Literatura: LES-N/MAR/far

 

 

 

Yo soy Malala / Malala Yousafzai

Alianza, 2013

 
Yo soy Malala  

Eu son Malala, de Christina Lamb e Malala Yousafzai, é o excepcional relato dunha familia desterrada polo terrorismo global, da loita pola educación das nenas, dun pai que, el mesmo propietario dunha escola, apoiou a súa filla e alentouna a escribir e a ir ao colexio, e duns pais valentes que queren a súa filla por riba de todo nunha sociedade que privilexia os fillos varóns. Eu son Malala fainos crer no poder da voz dunha persoa para cambiar o mundo. Malala Yousafzai deuse a coñecer aos once anos cun blog para o servizo en urdú da BBC, no que, baixo o pseudónimo Gul Makai, escribía sobre a loita da súa familia pola educación das nenas na súa comunidade.

Materia: 1. Yousafzai, Malala. 2. Dereiro á educación-Pakistán. 3. Pakistán-Situación social

Dispoñible na sección de biografías: B/YOU/yos

 

Tuerto, maldito y enamorado / Rosa Huertas

Edelvives, 2012

 
Tuerto, maldito y enamorado  

A vida de Elisa cambia o día que decide axudar á súa irmá a preparar un traballo de Literatura sobre Lope de Vega e visita os estantes da biblioteca do instituto, onde habita un espectro vesgo sobre o que pesa unha terrible maldición. Só ela pode liberalo, pero antes terá que resolver o misterio da identidade da fantasma e desvelar a súa historia de amor. Tras algunhas visitas á casa do famoso dramaturgo, descobren que a maldición foi proferida por este no seu leito de morte despois de que a súa filla se fuxise cun amante e Lope fixese cómplice a Lorenzo, a fantasma, da súa fuxida e perda. Elisa e o seu amigo Ricardo conseguirán romper o maleficio trasladando ao espectro ata a casa do dramaturgo, onde se fundirá definitivamente nun espello coa súa amada perdida, a filla de Lope.

Materia:  Amor-Novelas. 2. Misterio-Novelas. 3. Amizade-Novelas. 4. Madrid-Novelas. 5. Pantasmas-Novelas. 6. Memoria-Novelas. 7. Libros-Novelas. 8. Maldicións-Novelas. 9. Vega, Lope de-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua castelá e Literatura: LES-N/HUE/tue

 

Mecanoscrito del segundo origen / Manuel de Pedrolo

Anaya,  2013

 
Mecanoscrito del segundo origen  

Cando Alba se tira ao río para rescatar a Dídac, un rapaz mulato ao que empurraron á auga outros rapaces, prodúcese un ataque alieníxena. Xusto nese instante no que Alba e Dídac están baixo a auga, o mundo, tal e como o coñeceron ata entón, deixa de existir. Cando saen á superficie, atónitos, descobren o acontecido e se van decatando de que parecen ser os únicos superviventes. Tras o shock inicial, a loita pola supervivencia imponse. Ata que ambos os dous caerán na conta de que deles depende a construción dun novo mundo e preservar aquilo do pasado que se poida conservar, como por exemplo os libros. Alba e Dídac converteranse nos novos pais da humanidade porque decidirán ser a orixe en lugar do final.

Materia: Amor-Novelas. 2. Adolescencia-Novelas. 3. Supervivencia-Novelas. 4. Libros-Novelas. 5. Extraterrestres-Novelas. 6. Robinsóns-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua castelá e Literatura: LES-N/PED/mec

 

El ponche de los deseos / Michael Ende

Anaya, 2013

 
El ponche de los deseos  

O bruxo Belcebú Sarcasmo e a súa tía, a bruxa Tirania Vampir, queren facer un ponche especial o día de Nochevieja, para desatar miles de calamidades polo mundo. Pero dous animais moi listos intentarán impedirllo.

Materias: 1. Meigas-Novelas. 2. Bruxas-Novelas. 3. Gatos-Novelas. 4. Nadal-Novelas. 5. Maxia-Novelas. 6. Magos-Novelas. 7. Dinosauros-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua castelá e Literatura: LES-N/END/pon

 

El árbol de la mujer dragón y otros cuentos / Ana María Shua

Anaya, 2013

 
El árbol de la mujer dragón  

Quen son as mulleres que protagonizan os contos deste libro? Son especiais, únicas, diferentes das mulleres que coñecemos e coas que tratamos todos os días? Son distintas das nais, as mestras, as médicas, as policías, as tías, as profesoras, as irmás, as enxeñeiras, as avoas do mundo real? É posible que algunhas sexan máis fortes ou máis valentes ou máis intelixentes que a maioría. Pero case todas son simplemente mulleres comúns ás que a vida levou a situacións tan difíciles que só podíanse resolver dunha forma extraordinaria.

Materia: 1. Encantamentos-Contos. 2. Lendas. 3. Mulleres-Contos. 4. Poderes máxicos-Contos

Dispoñible na sección de Lingua castelá e Literatura: LES-N/SHU/árb

 

1688: La primera revolución moderna / Steve Pincus

Acantilado, 2013

 
1688  

Durante tres centurias, os académicos e os intelectuais identificaron a Revolución Gloriosa de Inglaterra, de 1688-1689, unicamente como un momento crucial na excepcional historia de Inglaterra, asociándoa ás orixes do liberalismo. O vello relato resalta a revolución de 1688-1689 como un gran momento no cal os ingleses refenderon o seu particular forma de vida, de xeito incruento e consensuado. A idea que propón Steve Pincus neste libro é que os revolucionarios ingleses crearon, por medio dunha revolución-a primeira e auténtica revolución moderna por enriba da francesa-moito máis sanguenta do que se cría ata agora, un novo tipo de Estado moderno, que tería suposto un auténtico antes e despois na historia de Europa e na conformación do mundo moderno tal como o coñecemos hoxe.

Materias: 1. Revolucións-S. XVII-Inglaterra. 2. Gran Bretaña-Historia-1688 (Revolución)

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-94/PIN/1688

 

Éxito para perdedores / David Cantolla, Juan Díaz-Faes

Astiberri, 2012

 
Éxito para perdedores  

A vida de David Cantolla foi unha pura montaña rusa. Envolvido na burbulla financeira creada en torno a internet a principios de 2000 -forma parte da xestación dun dos proxectos pioneiros de internet en España e referente internacional-, pasou da riqueza á ruína en menos tempo do que se tarda en contalo. Non bstante, o seu incansable carácter de emprendedor e as súas gañas de deixar algo duradeiro tras de si lévano a converterse nun dos creadores de "Pocoyó", serie de animación infantil que se converte nun grande éxito comercial e que se vendeu nos cinco continentes. Hoxe, algúns anos despois, segue fundando compañías e os seus videoxogos ("Basketdudes"...) e series ("Jelly Jamm" vense en máis de 120 países.

Materias: 1. Banda deseñada. 2. Vida cotiá-Cómics. 3. Relacións personais-Cómics. 4. Cantolla, David. 5. Éxito-Cómics

Dispoñible na sección de Banda deseñada: COM/CAN/éxi

Novidades novembro

Novembro é o mes do Samaín e os magostos. Tamén un inmellorable momento para pasar os longos e chuviosos seráns outoñales en compaña dunha boa lectura. De seguido, unhas cantas recomendacións que vas a atopar na biblioteca do centro na sección de novidades. 

 

Astérix e os Pictos/ de Goscinny e Uderzo; texto de Jean-Yves Ferri ; debuxos de Didier Conrad

Salvat / Xerais, 2013

 
Astérix e os Pictos  

Os personaxes creados hai 54 anos por Uderzo e Goscinny, regresan da man de novos autores. Na que é a 35 entrega das súas aventuras, os heroes galos viaxan á antiga Escocia.  Alí coñecen os Pictos, nome que os romanos deron aos pobos da antiga Escocia e que, literalmente, significa "os homes pintados".  A historia comeza cando un representante desta tribo chega accidentalmente á aldea dos galos. Trátase de Mac Loch, que foi traizoado polo líder dun clan rival coa intención de facerse co control de todas as tribos pictas. Os galos deciden axudar a Mac Loch a volver á súa terra e xuntos viaxarán ata a afastada Escocia onde descubrirán unha terra de estrañas tradicións e xente amable e onde terán que facer fronte aos plans do pérfido Mac Abeo e os seus aliados, os romanos.

Materia: 1. Banda deseñada. 2. Humor-Cómics. 3. Aventuras-Cómics. 4. Astérix (Personaxe de ficción)-Cómics. 5. Heroes-Cómics

Dispoñible na sección de Banda deseñada: COM/GOS/ast

 

 

A vaca caníbal / Marilar Aleixandre

Galaxia, D.L. 2012

 
A vaca canibal  

A literatura serve para moitas cousas. Tamén para que as vacas poidan reflexionar, contar historias e nós, oílas. E este libro permítenos isto e moito máis. Marilar Aleixandre constrúe un relato divertido, pero tamén crítico, no que imos asistir á aventureira vidas das vacas e ao coñecemento das Vacas exemplares. Cada unha diferente ás outras. Cada unha coas súas vacúas teimas propias.

Materia: 1. Vacas-Novelas. 2. Humor-Novelas.

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/ALE/vac

 

 

Lu e Go pola muralla / Antonio Reigosa

Obradoiro, 2010

 
Lu e Go pola muralla  

Lu e Go (un gato e un rato), os nosos protagonistas, encóntranse unha mañá en Porta Miñá, unha das portas da muralla de Lugo, nunha festa literaria. Lu (o gato) comeza a perseguir a Go (rato), e pasan unha serie de aventuras, caen nunha foxa de arqueólogos, raptan a Lu, Go transformase nun neno-rato, etc, etc....

Materia:  1. Tesouros-Novelas. 2. Animais-Novelas. 3. Lugo (Galicia)-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/REI/lue

 

Contos estraños: Vol. 3. Vieiros da mañá / Santiago Bergantinhos... et al.

Contos Estraños, D.L. 2012

 
Contos estraños 3  

Historias de fantasía e ciencia ficción recollidos no vol. 3 desta serie que acaba de estrearse na biblioteca.

Contén: Contos: O fedor / Santiago Bergantinhos  Un home sen pulso / Ana García. A fin da inocencia / O Kuruñés. A porta / Daniel A. Sóñora. Instituto de supervivencia / Jacobo Feijóo. As dúas lúas de Asgardh / Héctor Paz. Habelas hainas / María Eijo 'Nulien'. Terror final / Ariel Martínez. A familia do tempo / Jorge Emilio Bóveda Novela: Lía (1ª parte) / David Botana  A cabalgata dos centauros (2ª parte) / Manuel Ángel Gayoso. A revolta dos esfarrapados (2ª parte) / Fernando Pérez Tradución: A raíña da Costa Negra (2ª parte) / Robert Erwin Howard

Materia: 1. Fantasía-Novelas. 2. Ciencia ficción-Novelas. 3. Aventuras-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/CON

 

Vía secundaria / An Alfaya

Xerais, 2011

 
Vía secundaria  

Vía secundaria. Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortunado incidente marcará un punto de inflexión nas vidas das persoas que participan no suceso até situalas nunha calella con poucas saídas. Nora e Ramón, un matrimonio cada vez máis afastado por mor das súas adicións; Obdulia e o seu pai, Anselmo, que viven na solitaria casa da curva; Hilario, mecánico nun taller do polígono, desconcertado pola súa incapacidade para dar explicacións atinadas sobre os feitos. Vidas en vía secundaria sometidas ás faenas do destino. Vidas anónimas, tecidas por perdedores do noso tempo que agardan polo seu paquete de felicidade. Un relato de vidas cruzadas sobre a soidade e a incomunicación, ese virus silencioso, mais moi estendido, que asolaga os nosos días. Unha emocionante novela coral, escrita e construída con mestría e precisión, capaz de arrebatar o interese dos lectores e lectoras en todos e cada un dos seus capítulos.

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/ALF/vía

 

 

A punta de pistola / Fran Alonso

Xerais, 2012

 
Vía secundaria  

A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola. Así comeza unha frenética fuxida. Ao tempo, outra historia transcorre en paralelo: a dunha camioneira emprendedora, culta e licenciada, que conduce e escribe nun blog. A camioneira, admiradora da vida da fisterrá Celia Rivas, a primeira muller en conducir un camión, en 1932, supón un contrapunto máis intimista á desenfreada fuxida que protagoniza a parella de secuestradores.Moita acción, planos cinematográficos, novas tecnoloxías, o papel da muller e a desestruturación social, familiar e educativa son algúns dos eixos que vertebran esta novela que está baseada nun feito real e logra atrapar os lectores e lectoras.

Materia: 1. Relacións familiares-Novelas. 2. Viaxes-Novelas. 3. Mulleres-Novelas. 4. Secuestros-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/ALO/apu

 

Outubro: Novidades en lingua galega

Outubro está a piques de rematar e novas lecturas enchen de cor a biblioteca. Son as cores de variadas historias que xa podes atopar no expositor de novidades esperando por ávidos lectores coma ti. A continuación unha selección de títulos que che invitamos a coñecer. Pasa, colle un e senta a ler na nosa compaña.

Un Misterio na mochila de Alba / Fina Casalderrey

Oxford, 2011

 
Un misterio na mochila de Alba  

Alba vive nunha casa abandonada. Os veciños do lugar non entenden que una nena tan pequena viva soa, acompañada unicamente de súa mochila branca. Entón, dous nenos e una nena comezan a seguila, intrigados polo contido da mochila. Alba rexeita os seus ofrecementos para conseguir la bolsa; por nada do mundo se desprendería do seu contido.

Materias: 1. Nenos-Novelas. 2. Maxia-Novelas. 3. Poesía infantil. 4. Felicidade-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/CAS/mis

 

Cando Artur non era rei / Xabier López López 

Galaxia, 2012

 
Cando Artur non era rei  

A novela trasládanos a un tempo fascinante en que o mítico Artur era un mozote. Coñece ao cabaleiro Lanzarote e a outros amigos cos que compartirá camiño e aventuras: Trim (fillo dun labrego) e Zeuxius (fillo dun mercader). O camiño será aprendizaxe e lles servirá aos protagonistas para medrar como persoas superando duras probas que os vai convertir en superviventes e a gañar un destino.

Todos coñecemos as historias do Rei Artur e as súas fazañas. Pero pouco, ou case que nada, se ten contado sobre a súa vida antes de ser o rei lendario do que temos novas na literatura e na memoria dos pobos. Xabier López López encárgase de abordar, nunha historia de estilo coidado e de gran riqueza, esa parte da súa vida na que os amores, tamén, terán a súa importancia. 

 Materia: 1. Cabaleiros-Novelas. 2. Aventuras-Novelas. 3. Rei Artur (Personaxe lendario)-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/LÓP/can

 

O caso máis estraño do detective Marschen / Xavier Frías Conde 

Galaxia, 2012

 
O caso máis estraño do detective Marschen  

Este libro non conta unha historia, senón moitas historias. Hainas fantásticas e outras non tanto. Poderedes atopar de fantasmas, de homes que se converten en bólas inzadas, de androides, de hecatombes nucleares aparentes, de seres máxicos aínda que tímidos… cada historia é diferente, mais todas teñen un final sorprendente. Non o acreditas? Pois entón colle o libro e le nel.

Materia: 1. Relatos

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/FRÍ/cas

 

 

As palabras que move o mar / Xaime Toxo

Ed. Xerais, 2011

 
As palabras que move o mar  

As palabras que move o mar son catro relatos longos que teñen como fío condutor a memoria e a construción da identidade alicerzada neses recordos que permanecen imborrables na nosa vida ao longo dos anos. Por que determinadas impresións de natureza emocional, visual, olfactiva, táctil nos acompañan nesta viaxe de asombro e dúbidas que é a vida durante toda a travesía? Un sinal, un nome nun papel, un arrecendo que fotografa un lugar na retina da memoria. O destino é ser devorados por ese vendaval que é o paso do tempo. As palabras que move o mar é un dique contra o que bate a marusía gris e invernal do esquecemento.

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/TOX/pal

 

Magumba / Fabián Plaza Miranda

Contos Estraños, 2011

 
Magumba  

Ninguén ousaría roubar o Ídolo Mangante que descansa no corazón de África. Ninguén se arriscaría a sufrir as súas poderosas maldicións. Ninguén rompería o equilibrio entre o mundo dos vivos e o dos mortos. E se alguén o fixese teríaselles que ver coa tribo dos Pigmentos, gardiáns do Templo Mangante dende tempos inmemoriais. Os seus máis valentes guerreiros vingarían tamaña afronta perseguindo os ladróns do seu ídolo sagrado ata os confíns da Terra... Ben, de non ser por dous insignificantes detalles.  Un, que os Pigmentos apenas miden medio metro e teñen o potencial bélico dunha sardiña enlatada. Outro, que nin sequera saben que teñen un ídolo sagrado. Por iso, cando o escravista Hardy Stern se apodera da figura, o mundo tal e como o coñecemos está a punto de converterse en restos de plastilina de gardaría. Só a ousadía de Yuyu (chamán dos Pigmentos), Gayumbo (o seu rebelde aprendiz), Jane (unha exploradora vinda das terras do Home Branco) e Frank N. Stein (pensador da cidade de Sakrabita) interponse entre Hardy e os seus malévolos plans.

Materias:  1. Humor-Novelas. 2. Viaxes iniciáticas-Novelas. 3. África-Novelas. 4. Aventuras-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/PLA/mag

 

Enderezo descoñecido / Kressmann Taylor

Ed. Xerais, 2011

 
Enderezo descoñecido  

Cando "Enderezo descoñecido" se publicou por primeira vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés da revista Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán.

Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, "Enderezo descoñecido" conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.

Materias: 1. Amizade-Novelas. 2. Nazismo-Novelas. 3. Cartas-Novelas.

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/TAY/end

 

Avó Ismail / Esther Prieto

Sotelo Blanco, 2011

 
Avó Ismail  

Avó Ismail é o retrato de varias xeracións de palestinos que choran a terra perdida e os mortos deixados atrás. Tamén é un canto á beleza dunha terra e das xentes que a habitan, simbolizada nese deserto do Neguev onde viven os beduínos, pastores nómades experimentados na arte das perdas, tras o exilio forzoso, a través desa longa peregrinación pola terra requeimada ata chegar aos campos de refuxiados construídos pola ONU, en El Husseim, nos arredores de Ammán, a actual capital xordana, onde viven, canda o resto dos palestinos refuxiados, o protagonista da novela, o vello Ismail, que representa o pasado, e Nader, o seu neto, símbolo da esperanza dos palestinos actuais.

Materias: 1. Refuxiados-Novelas. 2. Relación avó-netos-Novelas. 3. Conflicto árabe-israelí-Novelas. 4. Palestina (Rexión, Asia)-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/PRI/avó

 

Contrapicados / Mariña Pérez Rei

Sotelo Blanco, 2012

 
Contrapicados  

Trátase dunha novela coral na que se cruzan personaxes dispares observados desde un igualador ángulo límite. A cama é un obxecto que gaña co claroscuro. Os pacientes dun hospital saben que a intimidade se desprende ao xeito dunha gran carapola, ao tempo que van nacendo moitas emocións lentas e algunha que outra vertixinosa. Un ataque de indignación e imbecilidade pode chegar a consumir trescentas calorías. A pituitaria e a amígdala son dúas grandes descoñecidas. O frío é branco porque as sinestesias suceden; ademais, non é verdade que a auga sexa insípida: sabe a sede. E por suposto, hai partes do corpo que nin sequera sospeitamos que existen. Os personaxes masculinos olen a carballo rebolo; os femininos, a figueiras novas e a tinta roubada. A cámara enfoca os seus rostros e convérteos en personaxes contrapicados, secundarios ou relevantes, imperfectos ou sublimes, pequenos cameos que saen ao paso dun narrador omnisciente e irresponsable que abandona as súas funcións. A súa memoria é unha ollada impresionista que, con pinceladas breves, nos recorda que calquera tempo pasado foi moi mellorable.

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/PÉR/con

 

 
Distribuir contido