O alumnado que acaba de rematar 2º de Bacharelato comezou durante o confinamento o curso pasado, un traballo sobre alimentación saudable, que rematou creando unha nova canle en Youtube. AliméntateBen Brión e un primeiro libro de receitas, que podedes ver aquí. [5]
A andaina continuou neste curso por parte do alumnado de 1º de Bacharelato.
Presentamos un novo libro de receitas saudables, sinxelas de realizar e moi saborosas. Podes velo premendo na imaxe superior, que é a portada do libro, ou no arquivo adxunto.
Ademais, cada receita vai acompañada dun enlace á nosa canle AliméntateBen Brión [6], para ir vendo a elaboración paso a paso.
E quixemos rematar esta actividade, debatindo na nosa Radio emBrión, no programa "Alimentación sa, receitas saudables", que podedes escoitar aquí [7].
Soamente queda poñer en práctica as receitas, acompañadas con exercicio físico en compañía das persoas ás que queremos.
Parabéns ao alumnado de 1º de Bacharelato por este estupendo traballo e moitas grazas a todas as persoas que colaboraron con nós!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2020_21_libro_receitas_1Bach_Ed_Fisica.pdf [4] | 19.33 MB |