MATERIAS OPTATIVAS DO DEPARTAMENTO

Guía informativa de materias optativas ofertadas polo departamento:

Tecnoloxía Industrial:                                                                                                

Carga horaria semanal: 3 h 

O coñecemento da tecnoloxía proporciona unha imprescindible perspectiva científico-tecnolóxica sobre a necesidade de construír unha sociedade sustentable, formada por unha cidadanía crítica con respecto ao que acontece arredor dela.

A materia, desde o punto de vista metodolóxico require do traballo en equipo, para resolver problemas tecnolóxicos que permitan explorar o deseño, a produción, a avaliación ou a mellora de produtos relevantes desde o punto de vista tecnolóxico e social. Trata de aprender a identificar e a seleccionar solucións aos problemas técnicos, a realizar cálculos e estimacións, fomentar o espírito emprendedor e  planificar a realización de actividades de deseño e de montaxe, contextos de aprendizaxe nos que son importantes a iniciativa, a colaboración e o respecto polas normas de seguridade, e nos que as tecnoloxías da información e da comunicación son ferramentas imprescindibles para a procura de información, para a elaboración de documentos ou de planos, para a realización de simulacións e de cálculos técnicos e económicos, e para a presentación ou a publicación de resultados.

A materia estrutúrase nos seguintes bloques:

Tecnoloxía Industrial I:

  1. Produtos tecnolóxicos: deseño, produción e comercialización
  2. Máquinas e sistemas: mecanismos, electricidade e electróncia, control programado e sistemas robóticos
  3. Materiais e procedementos de fabricación
  4. Recursos enerxéticos

Tecnoloxía Industrial II:

  1. Materiais
  2. Principios de máquinas
  3. Sistemas automáticos
  4. Circuitos e sistemas lóxicos
  5. Control e programación de sistemas automáticos

A materia está relacionada cos estudos de:

Graos universitarios:

Ciclos formativos de grao superior:

  • Electricidade e Electrónica 
  • Enerxía e auga
  • Edificación e obra civil
  • Fabricación mecánica
  • Informática e comunicacións
  • Química

Control, Robótica e impresión 3D:       

2º Bacharelato                                                                                                      

Carga horaria semanal: 2 h 

O Control, Robótica e Impresión 3D proponse como unha materia de libre configuración de centro de carácter práctico e traballo en equipo para resolver problemas empregando controladoras, robots e impresión 3D que permitan explorar o deseño, a produción, a avaliación ou a mellora de sistemas relevantes desde o punto de vista tecnolóxico e social. 

Para desenvolver os contidos a proposta metodolóxica é de resolución de problemas prácticos e traballo por proxectos sobre deseño, construción e programación de robots e sistemas de control de movemento, luz e son empregando Arduino/Raspberry-pi/e-textís como controladores, a impresión 3D como técnica de fabricación e as TIC como soporte de documentación, simulación e presentación de resultados.

A materia completementa as opcións de materias específicas de TIC II, Tecnoloxía Industrial II e Imaxe e Son.

A materia estrutúrase nos bloques: 

  1. A robótica
  2. Programación e control
  3. Proxectos: Impresión 3D

A materia está relacionada cos estudos de:

Graos universitarios:

  • Todas as Enxeñerías e Arquitectura
  • Ciencias: Física, Química, Biotecnoloxía, Matemáticas, Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, Robótica
  • Ciencias sociais e xurídicas: Creación Dixital, Animación e Videoxogos, Xestión Industrial de Moda, Comunicación audiovisual, Empresa e Tecnoloxía, ADE e Enxeñería Informática
  • Artes e Humanidades: Belas Artes

Ciclos formativos de grao superior:

  • Electricidade e Electrónica
  • Enerxía e auga
  • Edificación e obra civil
  • Fabricación mecánica
  • Informática e comunicacións
  • Instalacións e mantemento
  • Madeira, moble e cortiza
  • Química
  • Seguridade e Medioambiente
  • Transporte e mantemento de vehículos
TIC                                                                                                                           

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) desenvolven un papel fundamental na sociedade actual, porque proporcionan un conxunto de coñecementos e de técnicas que permiten satisfacer as necesidades individuais e colectivas, a capacidade de analizar e redeseñar a relación entre dispositivos tecnolóxicos e necesidades sociais, ámbito no que a innovación e a condición de inmediata que lle son propias dotan esta materia dunha grande relevancia educativa. Na resolución de problemas coas TIC conxúganse a innovación, o traballo en equipo ou o carácter emprendedor, que son imprescindibles para formar unha cidadanía autónoma e competente. Ademais, o coñecemento das novas tecnoloxías proporciona unha imprescindible perspectiva científico-tecnolóxica sobre a necesidade de construír unha sociedade formada por unha cidadanía crítica con respecto ao que acontece arredor dela. A materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación trata de achegarlle ao alumnado as habilidades necesarias para adaptarse aos cambios propios deste ámbito tecnolóxico.

TIC 4º ESO
Carga horaria semanal: 3 h
A materia estrutúrase nos seguintes bloques:

1. Ética e estética na interacción en rede
2. Computadores, sistemas operativos e redes
3. Organización, deseño e produción de información dixital
4. Seguridade informática
5. Publicación e difusión de contidos
6. Internet, redes sociais e hiperconexión

TIC I

Carga horaria semanal: 2h

1. A sociedade da información e da comunicación
2. Arquitectura de computadores
3. Sotware para sistemas informáticos
4. Redes de ordenadores
5. Programación

TIC II

Carga horaria semanal: 3h

A materia estrutúrase nos seguintes bloques:

1. Seguridade informática
2. Publicación e difusión de contidos na rede
3. Programación