SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-22

Enviado por Dirección o Ven, 21/05/2021 - 09:28

Orde do 6 de maio de 2021, DOG Núm. 93 (20/05/21) (xúntase pdf do DOG coa convocatoria)

Prazo.- ata o 22 de xuño de 2021 incluído.

Beneficiarios/as.-

     -Axudas para material escolar: alumnado matriculado en ESO.

     -Fondo solidario de libros:  o noso centro está incluído no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2021/22 polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

Documentación necesaria.-

    -Impreso de solicitude ED330B (Anexos I e II): (xúntase impreso solicitude pdf instrucións para cubrila)

    -Copia de documento que acredite a unidade familiar (a data 31/12/2019): Libro de familia, sentenza de divorcio/convenio regulador, ou no seu defecto certificado de convivencia expedido polo Concello correspondente.

    -Se é o caso: Certificado do grao de discapacidade do alumno ou calquera membro da familia. Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero. Resolución de acollemento de alumnado en situación de tutela da Xunta de Galicia.

Forma de presentación de solicitudes.

    -Preferentemente a través da aplicación FONDOLIBROS. Unha vez cubertos os datos, a aplicación xera unha solicitude numerada que poderán presentar:

    -Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia:  ACCESO SEDE ELECTRÓNICA 

    -Presencialmente no centro educativo.

    -En caso de non ter acceso á aplicación Fondolibros, poderán presentarse solicitudes (Anexo I e II) cubertas manualmente no propio centro, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

ORDE DO 6 DE MAIO DE 2021: AXUDAS E FONDO LIBROS:

LIGAZÓN
IMPRESO SOLICITUDE ED 330B (ANEXO I E II): LIGAZÓN
INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR IMPRESO: LIGAZÓN
MANUAL DO USUARIO PARA O CIDADÁN LIGAZÓN


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.