XOSÉ VIZOSO. CARTEIS 1970-2016

Enviado por Xabier Lorenzo ... o Lun, 14/12/2020 - 12:08

Dende o pasado venres día 11 de decembro, o IES de Brión acolle parte da mostra "XOSÉ VIZOSO. CARTEIS 1970-2016".

Esta mostra, que xa puido verse en diversas ocasións en salas de toda Galicia, recala agora, de forma fragmentada, en tres centros de ensino da nosa contorna: O IES Rosalía, o CEIP de Pedrouzos e o IES de Brión.

O alumnado terá ocasión de apreciar a obra cartelística dun artista polifacético que, pese a centrar o seu traballo no deseño de pezas cerámicas en Sargadelos (onde entrou a traballar en 1968 da man de Isaac Díaz Pardo), abarcou outros campos como o deseño e ilustración de libros e o cartelismo.

Queremos agradecer, unha vez máis, a xenerosidade deste mindoniense ilustre afincado en Brión co noso centro e o seu alumnado.

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.