UN ANTÍDOTO CONTRA O COVID-19: ACEPTAS O RETO?

Despois destes primeiros días “tan distintos do que ven sendo habitual” dende o instituto queremos enviarvos unha mensaxe de tranquilidade e de ánimo!!

A día de hoxe cremos que todos e todas xa tedes material para traballar e non perder o ritmo, sendo conscientes de que as realidades familiares son moi distintas, algúns con moitos medios, outros con problemas de conexión...calma!! Seguimos aquí para axudarvos e en canto voltemos a normalidade retomaremos explicacións, dúbidas e algún que outro “enfado” (isto dito dende o cariño ;-)

Un dos temas máis importantes nestes momentos pode ser ter un tempo para reflexionar, para desenvolver o sentido de resiliencia, esa capacidade de superarse antes as adversidades, de empatía poñerse no lugar de outros. O que estamos vivindo é algo que pode deixarnos unha pegada importante, por iso queriamos convidarvos a que plasmedes como vai todo e imos propoñervos varios retos divertidos, para que teñades outras ocupacións, non só as académicas.

Podedes escoller entre os propostos:

RETO Nº1: Elaborar un diario, pode ser de moitos xeitos: escrito, gravando o día a día e contando a vosa experiencia, con un cómic, facendo unha presentación, diario compartido con algúns amigos/as...

RETO Nº2: Onde vivo: podedes facer un anuncio da vosa aldea, rúa, concello, con carteis, con música, utilizando o humor …

RETO Nº3: Facer un eslogan, un gif sobre o COVID-19 o humor axuda a reducir “os agobios”

RETO Nº4: Investigar sobre o COVID-19, e outras pandemias históricas, ou facer unha reflexión sobre o illamento, a soidade... ou algún tema do teu interese.

RETO Nº5: Facer fotos dalgún momento na casa, coa familia, coa mascota, vendo a tele, mirando a rúa ... , unha instantánea que pasado este tempo de confinamento, nos provoque un sorriso ou mesmo unha bágoa.

RETO Nº6: Escribir unha poesía ou compoñer unha canción expresando os teus sentimentos estes días e gravarte léndoa ou cantándoa.

RETO Nº 7:  Crear un vídeo curto entre 1-3 min dalgún tema de interese para eles que relacionen  co COVID-19.

A volta, dende nas titorías, coñeceremos as vosas propostas e poden optar a PREMIO!!!!

IMAXINACIÓN E HUMOR SEMPRE !!! ÁNIMO E PACIENCIA QUE XA QUEDA MENOS!