Novidades de febreiro na biblioteca

novidades_marzo_16

Ao longo do mes a biblioteca escolar incorporou novos materiais á súa colección. Nesta ocasión, as novidades centráronse fundamentalmente na literatura e algunha que outra monografía de temática histórica e biográfica. De seguido unha pequena mostra.


El chico de la flecha / Espido Freire

Anaya, 2018

Cuberta

Marco é un mozo como calquera outro que poderiamos atopar hoxe en día: intelixente, sensible, con moitas cualidades e tamén moitos medos. Con doce anos, atópase nesa idade na que a vida cambia para sempre; na que deixa atrás ao neno sen responsabilidades e comeza a dar pasos no camiño dos adultos. A súa historia e as súas preocupacións poderían ser as de calquera outro adolescente, e os seus erros, moi parecidos.
A única diferenza é que Marco vive no século I d. C. en Emerita Augusta, a actual Mérida, unha cidade da Hispania romana onde conviven cidadáns libres con escravos, onde as mulleres atópanse tuteladas polos seus familiares, e onde a sociedade, aínda que sofisticada, goza de entretementos violentos.Marco, xunto co seu amigo  Aselo, equivocarase, aprenderá a pedir axuda e, en definitiva, fará o que calquera outro mozo da súa idade: medrar.

Materias: 1. Historia-Novelas. 2. Adolescencia-Novelas. 3. Crecemento persoal-Novelas. 4. Roma antiga-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá : LES-N / ESP / chi

Invisible / Laida Martínez 

Edebé, 2018

Cuberta
Ismael quere ser invisible… "Chámome Ismael Arana, teño dezaseis anos e ás veces gustaríame ser invisible. Gustaríame non estar, desaparecer no aire". Quizá xa son demasiados os mozos que pronuncian frases como estas. Realmente estamos dispostos a soportalo sen facerlle fronte, mirando para outro lado se non me toca a min? Din que o primeiro paso para resolver un problema é admitir que tes un problema. Se cadra somos unha xeración que ten un problema.

Materias:  1. Amor-Novelas. 2. Tolerancia-Novelas. 3. Amizade-Novelas. 4. Adolescencia-Novelas. 5. Solidariedade-Novelas. 6. Familia-Novelas. 7. Acoso moral na escola-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá : LES-N / MAR / inv

Un saco de canicas / Joseph Joffo

Debolsillo, 2017

Cuberta

O perruqueiro Joffo, un honrado xudeu establecido no París ocupado polos nazis, decide dispersar á súa familia para evitar o cruel e posible destino que lles espera. Os seus fillos, Joseph (o autor desta obra) e Maurice teñen, aos seus dez e doce anos, que sobrevivir sós nun universo exasperado, no que a barbarie, a amizade, a picaresca e, sobre todo, o medo, impoñen unha soa lei: a supervivencia.

Materias: 1. Nenos-Novelas. 2. Xenofobia-Novelas. 3. Nazismo-Novelas. 4. Xudeos-Novelas. 5. Supervivencia-Novelas. 6. Familia-Novelas. 7. Guerra mundial, 1939-1945-Novelas. 8. Holocausto xudeo, 1939-1945-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá : LES-N / JOF / sac

Año 1000 : la sangre / Manolo Matji, Sergio Córdoba

Aleta,  2017

Cuberta

Trátase dunha versión moderna da lenda dos Sete Infantes de Lara, cunha orixe que se remonta a finais do século X, a un cantar de xesta que supón o exemplo máis antigo da épica española e, xunto ao Mío Cid, un dos máis importantes da literatura castelá. Ao longo dos séculos, a súa historia foise contando a través de romances, obras de teatro ou novelas. É unha historia de disputas familiares; de ofensa, traizón e vinganza.

Materias: 1. Banda deseñada. 2. Idade Media-Cómics. 3. Traición-Cómics. 4. Clases sociais-Cómics. 5. Vinganza-Cómics. 6. Historia-Cómics. 7. Literatura-Cómics.

Dispoñible na sección de BD:  COM / MAT / año

A caixiña dos rancores : (vidas cruzadas) / Héctor Cajaraville 

Xerais, 2018

Cuberta

A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade fai que o mozo descubra un segredo que ten na súa cerna a Chiruca e que ela mesma descoñece. Coa axuda de Paula, a noiva de Estevo, o nobelo daquel misterio irase desenredando ao mesmo tempo que xorde entre os tres protagonistas unha relación tan profunda como inesperada, que pasa por riba da diferenza de idade e que demostra que a amizade verdadeira non entende de prexuízos nin de convencionalismos..

Materias: 1. Misterio-Novelas. 2. Amizade-Novelas. 3. Vida cotiá-Novelas. 4. Intriga-Novelas. 5. Segredos-Novelas. 6. Relacións persoais-Novelas. 7. Anciás-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua galega: GAL-N / CAJ / cai

Antonio Fraguas : o bo mestre, o mestre bo / Héctor Cajaraville

Xerais, 2019

Cuberta

Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999) foi un dos grandes persoeiros da cultura galega do século XX. Dedicouse con paixón ao estudo de Galicia como territorio, como pobo, como país, cunha curiosidade insaciable e cunha capacidade de traballo extraordinaria. Pero Fraguas foi ante todo un mestre que nunca abandonou a vocación de compartir cos demais o moito que sabía. A súa vida, que percorremos nestas páxinas, é un exemplo de como a calidade humana, o esforzo e a teimosía se impoñen ás adversidades; de como a bondade e a xenerosidade sempre son recompensadas. A Antonio Fraguas dedícaselle o Día das Letras Galegas 2019.

Materias: 1. Fraguas Fraguas, Antonio

Dispoñible na sección de biografías: B / FRA / caj

Pioneiras 2 : galegas que abriron camiño / Anaír Rodríguez 

Xerais, 2019

Cuberta Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de "Pioneiras. Galegas que abriron camiño" fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.

Materias: 1. Mulleres-Galicia-Biografías.

Dispoñible na sección de Igualdade : I-B / ROD / pio

Un tiempo de rupturas : sociedad y cultura en el siglo XX / Eric Hobsbawm

Crítica, 2019

Cuberta “Este é un libro –dinos Eric  Hobsbawm- sobre o que lles sucedeu á arte e á cultura da sociedade burguesa unha vez esta sociedade desapareceu, na xeración posterior a 1914”. A súa destrución produciuse como consecuencia dos efectos combinados da revolución na ciencia e a tecnoloxía, do desenvolvemento da sociedade de consumo e da entrada das masas na escena política. Unhas sociedades inmersas na constante presenza de nova información e produción cultural viron transformarse o modo de  aprehender a realidade, pero tamén a súa concepción da cultura, que estaba asociada ás convencións que gobernan as relacións humanas. Este libro, o último que deixou escrito Hobsbawm, é unha gran achega á historia da cultura do século  XX, pero é tamén unha reflexión sobre un presente convulso, un tempo de incerteza en que, dinos Hobsbawm, miramos cara a adiante con perplexidade, sen guías que orienten o noso camiño cara a un futuro irrecoñecible.

Materias:  1. Civilización-S.XX

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais : CS-008 / HOB / tie

Milenio : el fin del mundo y el origen de la cristiandad / Tom Holland

Ático de los Libros, 2018

Cuberta "Milenio" describe unha era marcada pola definición das fronteiras entre o ceo e o inferno, a loita de papas e reis e o temor á Apocalipse. Dende a crucifixión ata a Primeira Cruzada, do resplandor de Constantinopla ata as afastadas costas do Atlántico, foi durante este milenio cando Europa emerxeu por primeira vez como unha potencia. Foi a época de Otón o Grande e de Guillermo o Conquistador, dos califas e dos reis viquingos, de ermitáns e monxes, de señores feudais e servos. Tom Holland, con ritmo de novelista, narra a apaixonante forxa do Occidente moderno.

Materias: 1. Europa-Historia. 2. Cristianismo-Historia. 3. Historia medieval

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais : CS-94 / HOL / mil