Guía de novidades para o verán

En xuño encaramos a recta final do curso dando un paso firme cara as merecidas vacacións estivais. Un esperado momento onde dispoñeremos de moito tempo de lecer para dedicar ás nosa afeccións, entre elas, a lectura. Dende a biblioteca escolar queremos recomendarche unha serie de títulos, moitos deles novidades da nova sección sobre Feminismo e igualdade, para que este verán non che falte un bo libro que te acompañe.

Nosoutras / María Victoria Moreno

Urco, 2018

Cuberta O presente volume recolle sete textos que María Victoria Moreno escribiu en diferentes etapas da súa traxectoria literaria e que comparten o feito de non estar escritos pensando no público máis novo. Os relatos "O aguinaldo", "As follas feren xermendo", "Contra a noite" e "A casa das Marías" corresponden a unha etapa na que aínda non tomara a firme decisión de entregarse á lingua galega. Ao contrario que acontece cos relatos "A gaiola", se cada a súa primeira contribución á nosa literatura, e "Nocturno en tres tempos". Completa esta recompilación o texto "Nosoutras", que pola súa importancia dálle título a este libro.

Materias: 1. Relatos

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua galega : GAL-N / MOR / nos

El futuro es femenino : cuentos para que juntas cambiemos el mundo / Sara Cano

Nube de Tinta, 2018

Cuberta

Un volume de luxo, que reúne ás mellores ilustradoras do momento, e que recolle contos inspiradores sobre as situacións ás que nos enfrontamos nenas e mulleres a diario, mostrando como os seus protagonistas transfórmanas para  empoderarse.

Como sería un mundo igualitario, un mundo feminista? Estes son os relatos que nos debemos contar as unhas ás outras para crear un lugar distinto, un lugar máis xusto, máis igual. Para coidarnos e querernos máis.Para dar voz ao que xa non se pode calar.

Materias:  1. Igualdade entre sexos-Contos. 2. Mulleres-Contos. 3. Feminismo-Contos

Dispoñible no punto de interese sobre Igualdade: I-N / CAN / fut

Pioneiras : galegas que abriron camiño / Anaír Rodríguez 

Xerais, 2018

Cuberta

Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.

Materias: 1. Mulleres-Galicia-Biografías

Dispoñible no punto de interese sobre Igualdade: I-B / ROD / pio

Las chicas son de ciencias : 25 científicas que cambiaron el mundo / Irene Cívico y Sergio Parra

Montena, 2018

Cuberta

Aínda que nos libros de historia pareza que as ciencias son cousa de homes, diso nada: desde Agnodice, a primeira médica coñecida da historia,  ata Rosalind  Franklin, a química que descubriu a estrutura do ADN, pasando  por VeraRubin, a astrónoma que viu o que ninguén vía, as mulleres foron pioneiras en ciencias desde o inicio dos tempos. E aínda así, poderías nomear polo menos a dez mozas guerreiras que o petaron no mundo das ciencias?
Se non podes, aquí tes 25 exemplos de supercientíficas que demostran que as mozas e os laboratorios son unha boa combinación.

Materias: 1. Mulleres-Biografías

Dispoñible no punto de interese sobre Igualdade: I-B / CÍV / chi

Frida Kahlo, una biografia / María Hesse 

Lumen, 2018

Cuberta

Frida foi algo máis que dor e angustia. Conformouse con estar á sombra de Diego Rivera e a súa irresistible personalidade, e converteuse nunha artista chea de vida. A súa pintura é festa, cor, sangue e vida. Foi unha loitadora que decidiu poñerse o mundo por monteira. Foi, tamén, unha muller apaixonada que decidiu vivir con intensidade, tanto as desgrazas como as alegrías que lle deparou o destino. Inspirado nas vivencias da pintora mexicana, este libro é un paseo ilustrado pola emocionante biografía de Frida Kahlo.

Materias: 1. Kahlo, Frida

Dispoñible no punto de interese sobre Igualdade: I-B / KAH / hes

El valor es cosa de mujeres : la historia de quince españolas intrépidas / Silvia Casasola y Juan Antonio Cebrián

Temas de Hoy, 2018

Cuberta

Raíñas, plebeas, audaces, intelixentes, bravas…; todas e cada unha destas mulleres demostraron a súa intrepidez, a súa valentía á hora de loitar pola súa propia supervivencia e a dos seus, en ocasións adiantándose ao seu tempo. Desde Gala Placidia, a romana que reinou en Hispania, ata Clara Campoamor, pasando pola raíña Urraca de Castela, a comuneira María Pacheco, Santa Teresa de Jesús ou a heroína galega María Pita, a autora aborda o relato das fazañas de diversas mulleres que contribuíron a forxar a historia dun pobo.

Materias: 1. Mulleres-Biografías. 2. Mulleres-España-Historia

Dispoñible no punto de interese sobre Igualdade: I-305 / CAS / val

Las chicas son guerreras : 26 rebeldes que cambiaron el mundo / Irene Cívico y Sergio Parra 

Montena, 2018

Cuberta Aínda que non o pareza, a historia está chea de mozas guerreiras que lograron cousas incribles, pero que polo feito de ser mulleres non tiveron o recoñecemento que se merecían. E isto hai que arranxalo xa! Nestas páxinas atoparás as historias de 25 rebeldes que cambiaron o mundo; mozas que crearon inventos ou obras de arte, cumpriron misións segredas, defenderon pensamentos políticos, pero que, sobre todo, demostraron que para ser unha moza guerreira só se necesita plantarlle cara á vida como unha auténtica estrela do rock.

Materias: 1. Mulleres-Biografías

Dispoñible no punto de interese sobre Igualdade: I-B / CÍV / chi

Victoria da luz [Gravación sonora] / Xardín desordenado

Sul Producciones, 2018

Cuberta Victoria da luz, disco homenaxe a Maria Victoria Moreno. Na obra poética de María Vitoria Moreno, os músicos de Xardin Desordenado atopamos a luz de Estremadura, onde transcorreu a súa infancia; o seu respecto de filóloga pola esencia das palabras; a súa vocación pola docencia; a súa entrega @s adolescentes; a súa actitude vital de ” snob insurrecta” (como lle gustaba definirse)… e tentamos plasmar esas sensacións no noso traballo musical basado na súa obra.

Materias:  1. Música galega-Gravacións sonoras.

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: CD-784 / XAR / vic