En abril, novidades mil

Abril continúa traendo máis novidades a nosa biblioteca. Nesta ocasión presentamos unha selección de libros que nos achegan á historia económica da Alemaña de entreguerras (con importantes achegas para un momento de crise coma o actual), nos introducen  nos conceptos básicos da Ética ou falan de ecoloxía e neurociencias. Tamén un par de novelas, unha delas un clásico da literatura xuvenil en lingua castelá. Pasen e lean!

Cuando muere el dinero : la pesadilla de la hiperinflación en la república de Weimar / Adam Fergusson

Alianza, 2012

 
Cuando muere el dinero   A República de Weimar foi escenario, durante a década de 1920, da maior inflación que rexistra a historia europea contemporánea. Ao longo de catro anos, os prezos subiron de forma tan vertixinosa que fixeron necesaria a enfebrecida fabricación de papel-moeda e a multiplicación case inverosímil dos medios de pagamento. En 1923, cando o tipo de cambio co dólar alcanzaba os 4.200.000.000.000 marcos, a República de Weimar practicamente viuse reducida a unha economía de intercambio: xoias por produtos básicos como o pan, unha entrada para o cine por algo de carbón, unha botella de parafina por unha faldra de seda. Combinando a análise con numerosos testemuños da época, Adam Fergusson narra o fracaso dunha xeración europea incapaz de comprender o alcance dos seus actos e as consecuencias da destrución das clases medias e o irresistible ascenso ao poder dos réximes autoritarios. Un libro cheo de relevancia para a nosa época.

Materia: 1. Inflación-Alemaña. 2. Alemaña-Historia económica-S.XX

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-336/FER/cua
 

El abuelo que saltó por la ventana y se largó / Jonas Jonasson 

Salamandra, 2012

 
Pequeña histEl abuelo que saltó por la ventana y se largó  
Momentos antes de que empece a pomposa celebración do seu centésimo aniversario, Alian Karlsson decide que nada diso vai con el. Vestido co seu mellor traxe e unhas pantuflas, empolícase a unha ventá e fóxese da residencia de anciáns na que vive, deixando plantados o alcalde e a prensa local. Sen saber onde ir, encamíñase á estación de autobuses. Alí, mentres espera a chegada do primeiro autobús, un mozo pídelle que vixíe a súa maleta, coa mala fortuna de que o autobús chega antes de que o mozo regrese e Alian sobe sen pensalo dúas veces, coa maleta allea a rastro. Aínda non sabe que o mozo é un criminal sen escrúpulos e que a misteriosa maleta contén cincuenta millóns de coroas. Pero Alian Karlsson non é un avó centenario calquera... e en pouco tempo, tras unha tola aventura, pon todo o país patas arriba. Jonasson orde unha historia extremadamente audaz e complexa, capaz de sorprender constantemente o lector, pero o verdadeiro regalo é o seu personaxe protagonista, Alian Karlsson, un home dun marabilloso sentido común, con todo un século ás súas costas, que non teme á morte, nin ao crime! Un ancián centenano que non está disposto a renunciar ao pracer de estar vivo.

Materia: 1. Anciáns-Novelas. 2. Viaxes-Novelas. 3. Fugas-Novelas


Dispoñible na sección de Literatura en lingua castelá: LES-N/JON/abu 

 

Ética para Amador / Fernando Savater

Ariel, 2011

 
Ética para Amador   "Este libro -advirte o autor- non é un manual de ética para alumnos de bacharelato. Non contén información sobre os máis destacados autores e máis importantes movementos da teoría moral ao longo da historia... Este libro non é máis que iso, só un libro. Persoal e subxectivo, como a relación que une a un pai co seu fillo; pero por iso mesmo universal como a relación entre pai e fillo, a máis común de todas. Foi pensado e escrito para que poidan lelo os adolescentes: probablemente ensinará moi poucas cousas aos seus mestres. O seu obxectivo non é fabricar cidadáns benpensantes (nin moito menos malpensados) senón estimular o desenvolvemento de librepensadores"  

Materia: 1. Ética

Dispoñible na sección de Filosofía: FL-17/SAV/éti
 

Neurociencia para Julia : un viaje de exploración a la máquina de la mente / Xurxo Mariño

Laetoli, 2012

 
Neurociencia para Julia   «Imos facer unha viaxe de exploración moi particular -escribe nas primeiras liñas deste libro o seu autor, o biólogo e divulgador científico Xurxo Mariño- no que a estación de destino, a túa mente, Julia, é ao mesmo tempo o vehículo de transporte. Como unha pescada que se morde o rabo, os seres humanos miramos cara ao noso interior e usamos a mente consciente para tratar de descifrar a máquina que a produce: o sistema nervioso. Ninguén sabe se será posible coñecer todos os seus segredos, pero agora, por primeira vez dende que comezou a aventura da ciencia, comprendemos e podemos explicar moitos dos fenómenos que acontecen aí dentro».

Materia: 1. Neurociencias. 2. Sistema nervioso

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais: CN-612/MAR/neu
 

Elemental, queridos humanos : vida y andanzas del ingenioso planeta Tierra / contadas por Juan Luis Arsuaga y Milagros Algaba ; con debuxos de Forges

Temas de Hoy, 2010

 
Elemental, queridos humanos   A Terra é un lugar marabilloso que nos legaron e fomos moi afortunados por nacer nela. Non obstante, non parece que esteamos a tratar como se merece a un berce tan sagrado. Talvez sería mellor que, ademais de vela como a terra dos nosos pais, empezásemos a pensar en todo o planeta como a terra dos nosos fillos. Este é a mensaxe conservacionista quenos queren transmitir os autores deste libro, á vez que concienciar á nosa sociedade sobre a importancia de respectar a natureza e protexer a biodiversidade e o seu valor económico. O prestixioso científico Juan Luis Arsuaga realiza un percorrido pola historia da biosfera dende as súas orixes ata os nosos días e fai un especial fincapé na relación da Terra co home. Xunto aos textos, os xeniais debuxos de Forges son a envoltura perfecta para unha obra que nos quere facer reflexionar sobre o futuro incerto do noso planeta.

Materia: 1. Evolución humana. 2. Biodiversidade

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais: CN-57/ARS/ele
 

Carta a un joven ecologista : una reflexión sobre tu vida y el medio ambiente / Enric Aulí Mellado 

Integral, 2008

 
Carta a un joven ecologista   Non sei o teu nome, non coñezo a túa cara, non recoñezo a túa voz... Non obstante encontrámonos moitas veces. Coincidimos en conferencias, clases, reunións de ONGs... Posiblemente tamén en postos de traballo, en comités, en consellos de redacción... Quizais tomando mostras de campo, limpando ríos ou praias... Estivemos en moitos sitios xuntos e en cantidade de ocasións, sempre en defensa do medio. Es o Mozo Ecoloxista Universal, eu funo. Ti continúas sendo igual de novo, eu xa non tanto. Pero continúo traballando polo medio. Crecín e estou contento con iso. Continúo tendo ilusión e gañas de colaborar na cohesión social e o desenvolvemento das persoas, e quero dialogar diso contigo.» Así empeza esta carta de Enric Aulí, científico e especialista en saúde e medio, dirixida a todos aqueles mozos que se senten chamados a colaborar no cambio para unha maior protección do medio. Na súa carta, dende o seu retiro nunha masía do Ripollés, Aulí emociónase ao recordar momentos da súa vida nos que a loita pola ecoloxía centrou a súa actividade profesional e política, e desexa transmitir aos mozos todo o que sabe e tamén todo aquilo no que cre que se equivocou. O libro fai un repaso pola situación ambiental na actualidade, o concepto de conciencia ecolóxica, que se pode facer dende casa e tamén dende as institucións. E cales son as perspectivas para os mozos.

Materias: 1. Ecoloxía humana

Dispoñible na sección Ciencias Naturais: CN-504/AUL/car
 

El Reino del Dragón de Oro / Isabel Allende

Debolsillo, 2012

 
El Reino del Dragón de Oro   A estatua do Dragón de Ouro permanece oculta nun reino pequeno e misterioso, encravado na cordilleira da Himalaia. E segundo conta a lenda, este magnífico obxecto, un poderoso instrumento de adiviñación incrustado de pedras preciosas, preserva a paz destas terras. Unha paz que agora, pola cobiza na alma dos homes, pode verse perturbada. Nesta novela, Isabel Allende invítanos a entrar nunha dobre aventura. Alexander Cold, a súa avoa Kate e Nadia Santos, os protagonistas de "La Ciudad de las Bestias", volveron reunirse. Viviremos con eles as súas peripecias e vicisitudes na beleza nua, limpa, das montañas e os vales da Himalaia en compañía de novos amigos. Pero a pluma máxica de Allende tamén nos descobre o valor e a sinxeleza das ensinanzas budistas a través do lama Tensing, mestre e guía espiritual de Dil Bahadur, o novo herdeiro do reino, a quen conduce pola senda do budismo e deu a coñecer o valor da compaixón, da natureza, da vida, da paz. Unha novela espléndida, para lectores de todas as idades.  

Materias: 1. Amizade-Novelas. 2. Nenos-Novelas. 3. Aventuras-Novelas. 4. Cobiza-Novelas. 5. Budismo-Novelas. 6. Himalaia-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en lingua castelá: LES-N/ALL/rei