Novidades Marzo

Marzo encamíñanos cara ás vacacións de Pascua. Unha semana na que descansar despois dun intenso trimestre. Uns días nos que a lectura pode ser unha interesante alternativa de ocio para o tempo de lecer. Dende a biblioteca do centro queremos propoñerche uns cantos títulos, novidades bibliográficas e cinematográficas que acaban e incorporarse e xa podes atopar na sala de lectura.

El futuro es un país extraño: reflexión sobre la crisis social de comienzos del siglo XXI / Josep Fontana

Pasado & Presente, 2013

 
El futuro es un país extraño    Tras concluír "Por el bien del Imperio" Josep Fontana seguiu analizando os acontecementos da actualidade á luz das conclusións daquel exitoso título. Este novo libro é, por un lado, a continuación daquel en canto realiza unha análise histórica crítica dos acontecementos dos últimos anos, en especial da crise e as súas consecuencias sociais, que Fontana resume en dous patróns reincidentes: a privatización da política e a creación dun estado represivo que acale a rebelión social que se está a organizar. Pero é tamén un libro que presentará a Josep Fontana como o máis lúcido e incisivo dos analistas da actualidade político social (como Tony Judt ou Paul Krugman). Será unha boa introdución para todos aqueles que aínda non coñezan a obra do mestre de historia vivo máis importante do noso país.

Materia: 1. Crises económicas-2008-

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-338/FON/fut
 

Crisis económicas en España, 1300-2012 : lecciones de la historia / Francisco Comín, Mauro Hernández 

Alianza Editorial, 2013

 
Crisis económicas en España  
Sobre a actual crise económica chegaron ás librarías moitos títulos, pero moi poucos sobre as crises previas. Este libro achega dous enfoques novidosos. Primeiro, abórdanse as crises económicas dende unha perspectiva histórica de varios séculos. Segundo, as crises económicas e financeiras estúdanse por sectores económicos. É dicir, os capítulos non analizan un por un os grandes episodios de crises económicas senón que estudan os momentos de crise en cada sector. Os distintos capítulos tratan, ao longo de sete séculos, as crises poboacionais, agrarias, comerciais, industriais, financeiras, monetarias, bancarias e da débeda pública; finalmente, dous capítulos analizan as crises derivadas das burbullas especulativas e das guerras. Como colofón, analízase como se imbricar estas crises sectoriais para xerar as grandes depresións económicas españolas, dende o século XIV ata a primeira do século XXI.

Materia: 1. Crises económicas-España-Historia


Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-338/CRI

 

Inteligencia militar : conocer al enemigo, de Napoleón a Al Qaeda / John Keegan 

Demo, 2011

 
Inteligencia militar  
Coa súa habitual perspicacia sobre o complicado mundo bélico e a súa gran capacidade de narrador, Keegan tece un relato cheo de ritmo sobre os medios que empregaron os grandes estrategos da historia para identificar as debilidades, as intencións ou as tácticas dos seus inimigos.
En oito capítulos que se len como oito mini-novelas, o autor analiza as claves dalgúns dos enfrontamentos máis famosos de todos os tempos e o papel que desenvolveu a información, para ben ou para mal, en cada un deles. Xullo César, o almirante Nelson, Napoleón, Stonewall Jackson ou Churchill aparecen nestas páxinas inmersos nas complicadas decisións tácticas das súas grandes batallas, para rematar cun relato especialmente interesante para o lector de fala hispana: a análise da guerra das Malvinas en 1982.

 


Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-821/KEE/int

 

Secesión : la guerra civil americana / John Keegan 

Turner, 2011

 
Secesión     Esta maxistral historia da guerra moderna pódese considerar unha das obras mestras de John Keegan, que vén a encher un oco na bibliografía en español sobre a Guerra de Secesión. O gran logro desta obra é o de brindar unha perspectiva internacional, dende a visión imparcial dun historiador estranxeiro, sobre un conflito que, no número de vítimas en relación coa poboación, "só é comparable coas perdas europeas na Gran Guerra e as de Rusia na Segunda Guerra Mundial. 

Materia: 1. Estados Unidos-Historia-1861-1865 (Guerra civil)

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-94/KEE/sec
 

En casa : una breve historia de la vida privada / Bill Bryson

RBA, 2011

 
En casa   A Bill Bryson ocorréuselle un día a idea de que dedicamos moito máis tempo a estudar as batallas e as guerras da historia que a reflexionar sobre aquilo do que en realidade está feita a historia: séculos de xente desenvolvendo con discreción as súas tarefas diarias, comendo, durmindo e tratando de vivir con máis comodidades, e que a maior parte dos principais descubrimentos da humanidade se encontran na mesma estrutura das casas que habitamos. Isto foi o que lle inspirou a iniciar unha viaxe pola súa propia casa, unha vella reitoría de Nordfolk, e a pasear de cuarto en cuarto reflexionando sobre a orixe dos obxectos cotiáns da vida. No seu percorrido levou a cabo unha cantidade prodixiosa de investigación sobre a historia de absolutamente todo, dende a arquitectura á electricidade, dende a conservación dos alimentos ás epidemias, dende o comercio das especias á Torre Eiffel, dende os gardainfantes aos retretes; e sobre as mentes brillantes, creativas e a miúdo excéntricas que encontramos detrás de todo iso. Bryson aplica a mesma curiosidade incontible e o mesmo enxeño irresistible que fixeron de Una breve historia de case todo un dos libros máis eloxiados da última década, e ofrece un dos libros máis entretidos e esclarecedores sobre a historia da nosa forma de vida.

Materia: 1. Vida privada-Usos e costumes. 2. Historia universal-Curiosidades

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-94/BRY/enc

 

Penélope y las doce criadas / Margaret Atwood 

Salamandra, 2005

 
Penélope y las doce criadas   Probablemente unha das xestas heroicas máis glosadas e coñecidas de todos os tempos, o regreso de Ulises a Ítaca déixanos tamén un grande interrogante acerca da terrible matanza dos pretendentes de Penélope e as súas doce criadas: por que se aforcou as mulleres e cales eran as verdadeiras intencións de Penélope?
Nun audaz e inspirado xiro ao relato de Homero, Margaret Atwood cede a Penélope a voz narradora que nos conduce cara á resposta do misterioso suceso. O seu relato, tenda de sabedoría e humor, resulta inquietante, froito da imaxinación dunha autora amplamente recoñecida pola súa capacidade de contar historias cun elevado ton poético.

Materias: 1. Mitología griega-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá: LES-N/ATW/pen
 

La sonrisa de las mujeres / Nicolás Barreau

Espasa, 2012

 
La sonrisa de las mujeres    En París, de cando en vez, chove a chuzos e sopra o vento do norte tan forte que parece non haber abertura onde refuxiarse. Como cando as borrascas chegan ao corazón e non sabemos como nin onde esperar a que escampe. Para Aurélie as casualidades non existen. Unha tarde, máis triste que nunca, se refuxia nunha libraría e nun libro. Arrebujada nas súas páxinas, Aurélie reencontra o sorriso que cría ter perdido para sempre. E moitas cousas máis. «O seu libro encantoume, entusiasmoume, fíxome rir, e é sinxelo e está cheo de sabedoría ao mesmo tempo."

Materias: 1. Amor-Novelas. 2. Misterio-Novelas. 3. Escritores-Novelas. 4. Superación-Novelas. 5. Sentimentos-Novelas. 6. Libros-Novelas. 7. París-Novelas. 8. Restaurantes-Novelas


Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá: LES-N/BAR/son
 

Si no despierto / Lauren Oliver

SM, 2011

 
Si no despierto    Imaxina que só te queda un día de vida Que farías? A quen bicarías? Ata onde chegarías para librarte de morrer? Samantha Kingston teno todo ao seu favor: é guapa, é popular e sae co rapaz perfecto. O venres 12 de febreiro debería ser un día máis na súa doada vida, pero non o é: é o último día. O máis ben os últimos, porque Samantha se esperta unha e outra vez na mañá do venres 12 de febreiro e volve vivir a mesma xornada sete veces. Ata que se decata de que na súa man está realizar cambios minúsculos que supoñerán diferenzas enormes.

Materias: 1. Morte-Novelas. 2. Adolescencia-Novelas. 3. Crecemento persoal-Novelas. 4. Cambios na personalidade-Novelas. 5. Acoso moral na escola-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá: LES-N/OLI/sin
 

Yes is more : un arquicómic sobre la evolución arquitectónica / Bjarke Ingels Group

Taschen, 2010

 
Yes is More   Yes is More é o manifesto doadamente accesible, pero incansablemente radical, do estudo de arquitectura Bjarke Ingels Group, ou BIG, con sede en Copenhaguen. A diferenza dunha típica monografía arquitectónica, este libro emprega o formato do cómic para expresar o seu programa radical de cara á arquitectura contemporánea. Tamén supón a primeira documentación exhaustiva da praxe vangardista de BIG, onde o método, o proceso, os instrumentos e os conceptos son cuestionados e redefinidos constantemente. Ou como di o propio grupo: "Historicamente, a arquitectura foi dominada por dous extremos opostos: unha vangarda repleta de ideas tolas, o que orixinou dende filosofía a misticismo, e os ben organizados consultores corporativos que edifican caixas de alta calidade predicibles e aburridas. A arquitectura parece atrincheirada: inxenuamente utópica ou petrificantemente pragmática. Nós cremos que hai unha terceira vía entre estes opostos diametrais: unha arquitectura pragmático-utópica que crea lugares perfectos social, económica e ambientalmente como un obxectivo práctico. En BIG estamos dedicados a investir na coincidencia entre o radical e a realidade. En todas as nosas accións intentamos mover o foco dos pequenos detalles á grande (BIG) imaxe. 

Materias: 1. Banda deseñada. 2. Arquitectura contemporánea-Cómics

Dispoñible na sección de Historia da Arte: HA-7/YES
 

Donde los árboles cantan / Laura Gallego García

SM, 2012

 
Donde los árboles cantan   Algunhas historias escóitanse... outras vívense. Viana, a única filla do duque de Rocagrís, está prometida ao mozo Robian de Castelmar dende que ambos os dous eran nenos. Os dous ámanse e casarán en primavera. Non obstante, durante os festexos do solsticio de inverno, un arisco montaraz advirte ao rei de Nortia e os seus cabaleiros da ameaza dos bárbaros das estepas e tanto Robian coma o duque vense obrigados a marchar á guerra. En tales circunstancias, unha doncela como Viana non pode facer outra cousa que esperar o seu regreso e, talvez, poñer atención ás lendas que se contan sobre o Gran Bosque o lugar onde as árbores cantan.


Materias: 1. Amor-Novelas. 2. Árbores-Novelas. 3. Superación-Novelas. 4. Crecemento persoal-Novelas. 5. Aventuras-Novelas. 6. Idade Media-Novelas. 7. Segredos-Novelas. 8. Bosques-Novelas. 9. Revolucións-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá:: LES-N/GAL/don
 

Arrugas / dirigida por Ignacio Ferreras

Cameo, 2012

 
Arrugas  

Pelicula cinematográfica de animación. Baseada no cómic "Arrugas" de Paco Roca.  Nacionalidade: España, 2011. -- Sinopse:  Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico fanse amigos. Emilio, que padece un principio de Alzheimer, conta inmediatamente coa axuda de Miguel e outros compañeiros que tratarán de evitar que vaia parar á planta dos desafiuzados. O seu disparatado plan tingue de humor e tenrura o tedioso día a día da residencia, pois para eles acaba de empezar unha nova vida. -- Idiomas: V.O. galego 5.1; castelán, catalán (5.1). -- Para todos os públicos

Materias: 1. Cine de animación-Videogravacións. 2. Recordos-Películas. 3. Anciás-Películas. 4. Alzheimer, Enfermidade de-Películas

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-791/ARR