Novidades do mes de xuño

Comezamos xuño e axiña nos achegamos ao final do curso e ás esperadas vacacións. Unha boa escusa para presentar novo títulos, sobretodo cando se achega o tempo de lecer e temos máis horas para gozar cos libros e a lectura. Así que, aí van unhas cantas novidades para ler este verán.

Ojitos de ángel / Ramón Fonseca Mora

Alfaguara, 2010

 
Ojitos de ángel  
Toda a súa vida Julio Vargas estivo rodeado de luxos que o converteron nunha persoa intolerante e prepotente, cuxa única preocupación é aumentar a súa fortuna. Un día este home tan poderoso esperta nun humilde hospital, co vago recordo dun accidente. Horrorizado, decátase de que non ten máis remedio que permanecer nese lugar, onde coñecerá alguén moi especial que o fará comprender que a vida ten máis dunha cara.   


Materia:  1. Doentes-Novelas. 2. Cambios na personalidade-Novelas. 3. Hospitais-Novelas. 4. Relación neno-anciá-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua española e Literatura: LES-N/FON/oji

 

Xoeliki : as aventuras dun ciberpirata/ Abrahan Carreiro, Maties Segura 

Sotelo Blanco,  2011

 
Xoeliki  
Xoeliki é un neno de once anos introvertido e tímido. Xoga aos videoxogos on-line e bota horas chateando na Internet. Pasa moito tempo só porque a nai traballa todo o día e o pai morreu hai uns anos. A vida de Xoeliki é moi rutineira, xira arredor da casa e do colexio, ata que un día ocorre un feito misterioso que lla cambiará por completo: recibe un paquete sorpresa. Isto levarao a vivir novas aventuras, coñecer amigas e amigos como Ari, o sabio Barbabranca, o enigmático Maverick, Centulo –profesor de Programación e Desenvolvemento– e algún inimigo como Mr.Virus. Descubrirá cousas inimaxinables para el.

Materia: 1. Amizade-Novelas. 2. Aventuras-Novelas. 3. Videoxogos-Novelas. 4. Internet e nenos. 5. Relacións sociais-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/CAR/xoe

 

Yo, robot / Isaac Asimov 

Edhasa, 2011

 
Yo Robot  
Os robots de Isaac Asimov son máquinas capaces de levar a cabo moi diversas tarefas, e que a miúdo se formulan a si mesmos problemas de 'conduta humana'. Pero estas cuestións resólvense en Yo, robot no ámbito das tres leis fundamentais da robótica, concibidas por Asimov, e que non deixan de propoñer extraordinarios paradoxos que ás veces se explican por erros de funcionamento e outras pola crecente complexidade dos 'programas'. Os paradoxos que se formulan nestes relatos futuristas non son só enxeñosos exercicios intelectuais senón sobre todo unha indagación sobre a situación do home actual en relación cos avances tecnolóxicos e coa experiencia do tempo.

Materias: 1. Ciencia ficción-Novelas. 2. Crítica social-Novelas. 3. Vida futura-Novelas. 4. Tecnoloxía-Novelas. 5. Robots-Novelas


Dispoñible na sección de Lingua española e Literatura: LES-N/ASI/yo

 

Fundación e imperio. Los límites de la fundación. Fundación y Tierra / Isaac Asimov 

Debolsillo,  2010

 
Fundación e Imperio     Se nunha anterior folla de novidades presentabamos "La Fundación", agora continuamos con estes outros tres títulos, continuación dunha das sagas más coñecidas e de máis exito da litertura de ciencia ficción, obra dun  autor imprescindible do xénero.

Materia: 1. Ciencia ficción-Novelas 2. Vida futura-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua española e Literatura: LES-N/ASI/fun
 

O enigma dos nove sepulcros / María Acosta

Urco,  2011

 
O enigma dos nove sepulcros   Un mozo de Coruña que percorría a Cidade Vella, atopa un sumidoiro aberto nunha calella e descende por el para pescudar. Unha porta pintada na parede dálle acceso a un mundo fantástico, mais estrañamente familiar. Este mozo Sen Nome, xunto co seu amigo Brains, pasará unha chea de aventuras polas terras de Gapsiq na procura da solución do Enigma dos Nove Sepulcros.

Materia: 1. Mundos fantásticos-Novelas. 2. Fantasía-Novelas. 3. Misterio-Novelas. 4. Enigmas-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/ACO/eni
 

La rebelión de Gaia / Jorge Blaschke

Swing,  2007

 
La rebelión de Gaia   A sexta extinción está preto. Son moitos os científicos que o afirman: ciclóns, tornados, furacáns, tsunamis, ondas de calor, enormes secas... Sometida a anos de abusos do ser humano, a Terra alzouse en pé de guerra e é imposible que saiamos vitoriosos. Jorge Blaschke suma a súa voz á de nomes esenciais como Al Gore ou James Lovelock e presenta, no seu impactante xuízo, aos heroes, viláns e vítimas dun cambio climático que nos afecta a todos. Libre do peso de intereses políticos, empresariais ou económicos; sen multinacionais ás súas costas filtrando a conveniencia ou non de reflectir os datos que encontrará o lector nestas páxinas, Blaschke recompila ante os seus ollos a verdade nua, con explicacións científicas intelixibles. É a loita de todos.

Materias: 1. Medio ambiente-Protección. 2. Cambios climáticos. 3. Medio ambiente-Influencia humana

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais: CN-551/BLA/reb
 

Amalur: del átomo a la mente / Ignacio Martínez, Juan Luis Arsuaga

Temas de Hoy,  2010

 
Amalur   Un relato que atrapará a todos os lectores e os fará partícipes da máis extraordinaria das aventuras. Polos autores de "La especie elixida", Juan Luis Arsuaga e Ignacio Martínez descóbrennos neste fascinante e ameno libro como xurdiu a vida sobre a terra e como foi evolucionando ata que o mundo quedou tal e como o coñecemos agora.


Materias: 1. Evolución. 2. Bioxénese. 3. Vida (Bioloxía)

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais: CN-577/MAR/ama
 

Así fan os bailadores : repertorio de iniciación aos bailes e danzas de Galicia / Sergio de la Ossa ... [et al.]

Dos Acordes,  2009

 
Así fan os bailadores   Así fan os bailadores... contén unha compilación de danzas e bailes tradicionais, presentados como unha iniciación ao baile galego. O libro consta de transcricións musicais en partitura, diagramas espaciais e cinetogramas, fotografías, ilustracións e explicacións. No DVD pódense ver as devanditas danzas e bailes, realizados por grupos de nenos e mozos con música en vivo. Inclúese un CD coa música gravada en estudo, que posúe a calidade requirida para servir de apoio á execución dos bailes, ou ben á escoita por pracer.

Materias: 1. Baile galego-Métodos. 2. Bailes populares-Galicia

Dispoñible no Dep. de Ed. Física: DEF-78/ASÍ
 

Cuentos de Bereth II e III / Javier Ruescas

Versatil,  2010-2011

 
Cuentos de Bereth III  

Presentamos os dous libros que completan esta popular triloxía de novela fantástica, e que se unen a primeira parte da obra xa dispoñible na biblioteca.

"La maldición de las musas"
Os tenebrosos designios das Musas maniféstanse de norte a sur do Continente. A conta atrás comezou e Duna e Adhárel loitan contra o reloxo por encontrar a quen poida acabar coa maldición a tempo. Pero mentres eles buscan respostas, outros perséguenos co obxectivo de darlles morte. E é que hai segredos ocultos no máis profundo do bosque que xamais deberían ser revelados...

"Los versos del destino"
A guerra está a punto de desatarse no Continente. Os reinos do Sur alíanse baixo as ordes de Dimitri, quen ameaza con reunir un exército sen precedentes e cobrarse a súa ansiada vinganza. Adhárel, tal e como as Musas auguraron, compuxo a Poesía que podería cambiar o destino de todos. E mentres tanto, ao Norte, a moza Lysell prepárase para descubrir é, quen enfrontarse ao seu pasado e asumir o seu papel nun mundo enchido de trampas, perigos e desafíos.

Materias: 1. Mundos fantásticos-Novelas. 2. Guerra-Novelas. 3. Personaxes fantásticos-Novelas. 4. Aventuras-Novelas. 5. Fantasía épica-Novelas. 6. Poderes sobrenaturais-Novelas. 7. Dragóns-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua española e Literatura: LES-N/RUE/cue