Taboleiro
CONVOVATORIA EXTRAORDINARIA - ANPA APERTA
Estimados nais e pais,
queremos convocar unha asemblea extraordinaria da ANPA APERTA do I.E.S Breamo coa seguinte orde do día:
LUGAR: I.E.S Breamo
DATA: Mércores, 28 de xuño ás 17:00 h.
ORDE DO DÍA: Dimisión da actual Directiva e elección, si é o caso, dunha nova directiva.
Saúdos,
Pontedeume, 26 de xuño do 2023
Asina: Xunta directiva da ANPA APERTA
ESTAMOS DE VOLTA
Comeza a campaña de captación de socios e socias da ANPA APERTA do IES BREAMO.
Co desexo de integrar nesta comunidade a todas as persoas interesadas na educación dos seus fillos e fillas, facemos unha chamada para ter máis forza de representación.
Desde a ANPA traballamos voluntariamente, sen ningún tipo de compensación económica e animámosvos a ser socios e socias e colaborar activamente na asociación.
Podedes formalizar a vosa inscrición no seguinte formulario.
PARA FORMALIZAR A ENTREGA DO FORMULARIO É IMPRESCINDIBLE ADXUNTAR O XUSTIFICANTE DE INGRESO BANCARIO DE 12,00 € NA CONTA DA ANPA APERTA (IBAN: ES48 2080 0201 9730 4002 7454).