Francés

Presentación

PROFESORADO CURSO 2019/20

Cristina Pena Souto (Xefa de Departamento)

Irene Lores Nieto

 

 

Histoires de confinement

Histoires de confinement 1º Bacharelato

Travail réalisé par les élèves de 1º Bacharelato dirigé par Houcine El Gourari

 

Novas do intercambio

Xa fai 2 días que chegamos a Bretaña, e todo vai moi ben. Bueno... todo menos o fenómeno climatolóxico adverso que nos afectará dende esta noite e que fixo que para mañán se suspendera o transporte escolar en Ille et Vilaine. Nós tamén decidimos cancelar a actividade prevista para mañán: visita a Saint Malo, donde parece que os problemas comezaron xa esta tarde.

Máis novas do intercambio: http://intercambiovilagarcia.blogspot.fr/

No concello durante a benvida.

Intercambio con Francia

         Rematamos a primeira parte de intercambio que xunto co IES Armando Cotarelo Valledor e o IES Miguel Ángel González Estévez levamos once anos realizando co collège Victor Ségalen de Châteaugiron (Bretaña-Francia). O grupo bretón chegou a Vilagarcía o día 11 de novembro e estaba formado por 36 alumnos acompañados de catro profesores.

       A estadía prolongouse ata o 22 de novembro, once días nos que se levou a cabo un programa de actividades que tiveron como fío conductor o tema desta edición do intercambio: “Aller ailleurs, venir d'ailleurs” ou “Ir a uotro lugar, vir doutro lugar”. Pretendiamos concienciar ao noso alumnado e ao alumnado bretón dos problemas e das características da emigración e da inmigración en Galicia e en Bretaña, as situacións cambiantes sobre todo ao longo do último século. Unha das visitas máis interesantes foi a que se fixo ao porto de Vigo onde fomos recibidos pola arquiveira que nos ofreceu explicacións sobre os movementos de pasaxeiros en ruta para América, barcos emblemáticos , destinos principais , prezos da pasaxe, condicións e duración media das viaxes, cifras... e nos preparou unha presentación con documentos gráficos da época

.

Nestes momentos estamos organizando a nosa ida a Bretaña, que terá lugar no mes de marzo.

Poden atopar información sobre edicións pasadas do intercambio en: http://intercambiovilagarcia.blogspot.com e en http://letourdecarril.wordpress.com/echange

Foto do monumento mais visitado de Francia

Preparando o intercambio

Benvidos;

Aquí tedes enlaces coa páxina web do colexio bretón co que facemos o intercambio e os blogs onde publicamos información sobre todo o refernete á organización das actividades

Colexio Victor Segalen:

Blog do IES Fermín Bouza Brey

Blog do IES Miguel Angel González Estévez

Grupo de teatro da illa da Réunion

 A semana do luns 9 ao venres 13 de maio catro familias de alumnos do noso centro de 2º e 4º de ESO participaron na acollida a un grupo de teatro escolar procedente da Illa da Reunión (departamento de ultramar francés). O grupo do Lycée Pierre Poivre, de Saint-Joseph (cidade ao sur da illa) estaba formado por 21 rapaces (16 mozas e 5 mozos) de entre 16 e 22 anos, acompañados por catro profesores. Os 25 integrantes da compañía foron acollidos por familias de alumnos e profesores dos catro institutos de Vilagarcía e a súa Escola Oficial de Idiomas. O departamento de Francés do IES Miguel Ángel González Estévez foi o coordinador da acollida e da organización das actividades.


Estes alumnos, durante o curso escolar, preparan no seu tempo libre unha comedia musical, que logo representan en diferentes lugares da illa e culminan cunha saída ao estranxeiro. Noutros anos visitaron Australia, Canadá, Alemania, Italia, Austria, e esta vez España (Bilbao, Vilagarcía, Santiago de Compostela) O mércores 11 ofreceron o seu espectáculo no auditorio de Vilagarcía que levaba por título: “Ti baba”. A comedia musical, trataba sobre os problemas dos adolescentes, incidindo especialmente en dúas temáticas de actualidade: os encontros a través de internet e o embarazo adolescente. O xoves día 12 ofreceron ademáis outra representación no salón de actos do noso centro dedicada especialmente ás familias que os acollían e aos alumnos dos institutos que non puideron ir velos o mércores ao auditorio.


 Por outra banda, o xoves pola mañán acudiron en pequenos grupos aos catro institutos de Vilagarcía para realizar encontros cos alumnos, falar da illa da Reunión e amosar exemplos do seu folklore. No noso IES acudiron a estes encontros alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO. Foi unha experiencia que permiteu a todos, reunioneses e galegos, enriquecerse co coñecemento de outra cultura.




Novas do intercambio

O programa do intercambio estase a desenvolver como estaba previsto, Estamos a mércores e hoxe visitamos, acompañados do concelleiro de urbanismo de Châteaugiron a ZAC la Perdriotais onde se están a construir 700 casas e os seus servicios: escola, pistas de atletismo, piscina, parques, carrís bici e sendeiros peonís. A visita foi do máis interesante dentro do tema " O urbanismo a través dos tempos"


Para seguir as novas sobre a nosa estadía, miren os blogues:


Intercambio con Châteaugiron (Francia)

Chegou o día da saída cara a Châteaugiron. Este ano hai 14 alumnos do noso instituto e outros tantos do IES Miguel Ángel González Estévez que xa recibiron aos seus correspondentes bretóns no mes de novembro, e que agora van facer o desprazamento a Bretaña.


Pasaremos 14 días dende hoxe, 1º de abril, ata o día 14. Como cada ano, temos un tema ao redor do que se constitúe un programa de actividades e visitas. Esta vez estudamos: “O urbanismo a través dos tempos” :



  •  Visita da vila de Châteaugiron acompañados dun cargo electo

  • Centro histórico e novos barrios de Rennes

  • Vila amurallada de Saint Malo, reconstruída despois dos bombardeos da 2ª guerra mundial. Importancia para a historia e para o turismo da conservación das súas características urbanísticas.

  • Construccións típicas de certos períodos: “Blokhaus. Mémorial de la guerre de 39-45”

  • Vestixios galo-romanos en Alet

  • Construcción de novas urbanizacións nas cidades pequenas, implicacións do urbanismo na vida desas cidades: comercio, medios de transporte, espazos públicos....

  • Paris: urbanismo no centro e nas aforas. O Paris de Haussmann. O barrio negocios de La Défense.

Tamén se visitarán lugares de interés histórico e cultural: Abadía do Mont Saint Michel, castelos de Châteaugiron e de Vitré, monumentos emblemáticos da cidade de París...


Xa é o noso noveno intercambio co mesmo colexio, para os/as interesados/as no seguinte (curso 2011-2012) diremos que xa temos escollido o tema “As mulleres en Galicia e Bretaña”, así que vos animamos a que ao noso regreso comencedes a inscribirvos.

Intercambio con Francia no curso 2009-2010

O grupo de alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO do noso instituto e do IES Miguel Ángel González Estévez que participaron no intercambio escolar co collège Victor Ségalen de Châteaugiron (Bretaña-Francia) regresaron a Vilagracía o 25 de marzo. Durante a estadía en Francia (do 12 ao 25 de marzo) conviviron nas casas dos alumnos/as franceses que xa visitaran Vilagarcía no mes de novembro, asistiron a clases no colexio e realizaron visitas sobre o tema que traballaron este curso: "Os recursos da terra e o mar".
Agora xa empexamos a planificar o intercambio do curso 2010-2011 que terá como tema de traballo: "L'urbanisme à travers les âges".
Se queres ter máis información sobre esta actividadde, podes consultar os seguintes blogues:
Foto tomada diante do castelo de Châteaugiron:
Distribuir contido