BOLSAS E AXUDAS
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2018-19
Publicadas as listaxes definitivas de asignación de Fondo Libros.
En cumprimento da Lei de protección de datos, poderanse consultar no vestíbulo do centro e a través da sede electrónica e identificándose previamente
STEMweek 2018
Xa se poden solicitar as axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, destinada ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de xullo de 2018. Toda a información AQUÍ
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2018-19
Lémbrase que o prazo para presentar as solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar remata o vindeiro 22 de xuño de 2018 (este incluído)
Información completa AQUÍ
AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2018- LISTAXES DEFINITIVAS
Toda a información na Web do Programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle)
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2018-19
Aberta a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Información completa AQUÍ
Premios extraordinarios de bacharelato curso 2017/18.
Dende o día 2 de maio, e durante un mes, está aberto o prazo para a presentación de solicitudes aos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18. Máis información nos seguintes links:
Becas para estudos non universitarios
Con data do día 18 de abril publicáronse na páxina web do Ministerio as listaxes definitivas de bolseiros da convocatoria xeral do actual curso 2017/18. O prazo para a presentación de recurso de reposición por parte dos alumnos comeza o 19 de abril e finaliza o 18 de maio de 2018. Máis información na seguinte ligazón
AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2018- LISTAXES
Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
- Solicitudes coa documentación correcta -Anexo I. Acceso.
- Solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto -Anexo II. Acceso
- Solicitudes excluídas, indicando as causas de exclusión -Anexo III.
a. Solicitudes fóra de prazo. Acceso
b. Solicitudes excluídas por non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 3 da Orde de convocatoria. Acceso
Toda a información na Web do Programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle)
AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2018
Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. Máis información
