Evitar navegación.
Principal

Recomendámosche

UNA MALETA VIAJERA HA LLEGADO A LA BIBLIOEBA

¿La has visto? La maleta viajera del cómic, claro.

¿No? ¿a qué esperas? ¿a que se vaya?

¿Tampoco has clicado en esta imagen? ¿a qué esperas?

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

 ACCESO AO LISTADO DE LIBROS RECOMENDADOS

A elección do día 23 de abril como día do libro e o dereito de autor, procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616, aínda que realmente non fose no mesmo día, debido a que a data de Shakespeare corresponde ao calendario xuliano, que sería o 3 de maio do calendario gregoriano e que Cervantes faleceu o 22, sendo enterrado o 23. Tamén coincide coa data de nacemento de William Wordsworth (1850) e falecemento de Josep Pla (1981).
A proposta foi presentada pola Unión Internacional de Editores á Unesco, co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. O 15 de novembreo de 1995 a Conferencia xeneral da UNESCO aprobou a proposta en París, a partir da cal o 23 de abril sería o "Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor".

8 de marzo. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Neste mes de marzo imos conmemorar os logros obtidos pola muller no seu camiño cara á equiparación co home: o traballo, os dereitos, a equiparación social...

Comezamos cunha visión das obrigas da muller fai 50 anos segundo a Sección Femenina.

Bótalle un ollo a esta montaxe,

algúns libros educativos daquela época podes atopalos na Biblioteca.

Destacamos o traballo realizado nun centro educativo:

Mulleres na historia. Colectivo 8 de Marzo. IES A Pontepedriña. Santiago de Compostela ,

a unidade didáctica proposta polo sindicato STEG para Secundaria. 

así como a súa revista INFORMA de Marzo titulada "O Modelo Feminista non está en Crise"

Clica AQUÍ para acceder ao listado de libros recomendados.

TITORES: na biblioeca tedes un cartafol con copias da montaxe da "Sección Femenina" por se o queredes tratar nas vosas titorías a xeito de introducción para abrir un debate sobre os logros sociais no campo da igualdade.

SAN VALENTÍN É POESÍA

 

A Campaña de Animación á Lectura deste mes de Febreiro está adicada á

POESÍA e a SAN VALENTÍN.

PARTICIPA COAS TÚAS POESÍAS DE AMOR E DESAMOR

NOS ESPAZOS HABILIDADOS DO IESEBA

 

Poemas en galego e poemas en castelán

 

Clica na imaxe para acceder aos libros recomendados

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

Dentro da Campaña de Animación á Lectura deste curso académico adicamos a de xaneiro á interculturalidade, á relación entre os pobos e como afectan os conflictos entre culturas á xuventude.

A BIBLIOEBA proponvos as seguintes lecturas (clica na imaxe)

ANIMACIÓN Á LECTURA - XANEIRO

FESTA DO SAMAÍN: NOVELA DE TERROR E FANTASÍA

A festa do Samaín celebra o ano novo celta na transición do outono ó inverno.


La fiesta del Samaín celebra el año nuevo celta en la transción del otoño al invierno.


Tamén era o momento de honrar aos defuntos preparando viandas e sinalando os fogares con candeas para que as ánimas atopasen o seu fogar e se reunisen cos seus.


También era el momento de honrar a sus difuntos preparando viandas y señalando los hogares con velas para que los espíritus encontrasen su hogar y se reuniesen con los suyos.


Polo Samaín era costume baleirar nabos de grande tamaño -posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Esta tradición posiblemente foi levada aos Estados Unidos co seu Halloween polos emigrantes irlandeses no século XIX.


Por el Samaín era costumbre vaciar nabos de gran tamaño -posteriormente calabazas- para ponerles dentro velas. Esta tradición posiblemente fue llevada a los Estados Unidos con su Halloween por los emigrantes irlandeses en el siglo XIX.


ACÉRCATE A LA BIBLIOEBA Y TE SORPRENDERÁS CON LAS NOVEDADES QUE TE PRESENTAMOS




CLÍCAME PARA VER OS TÍTULOS RECOMENDADOS


 

Día da Hispanidade - Novela histórica e de aventuras

Comezamos un novo curso no que o fomento da lectura


vai ser un dos nosos obxectivos principais e,


con motivo do Día da Hispanidade,


animádevos a viaxar a outros tempos e lugares a través dos títulos que vos propoñemos,


 non son todos os que temos pero sí os máis recoñecidos.


 Boa Viaxe, clica para ver algúns títulos


 


 

FORMACIÓN DOCUMENTAL - formación de usuarios

Acceso á recopilación de RECURSOS PARA A FORMACIÓN DOCUMENTAL E A FORMACIÓN DE USUARIOS DAS B.B.E.E. elaborada polo Equipo de Biblioteca do CEIP Víctor Saenz de Mazaricos en A Coruña.

CLUB DE LECTURA 2009-10: ANEL DE LIBERDADE

A continuación amosámosche unha parte da selección de libros da nosa BiblioEBA


que vai para as biblitecas de aula.


Estas sucursais achegan os libros ao alumnado para facilitarlle o acceso aos mesmos


nos momentos de "Lectura de Lecer" definidos no noso "Proxecto Lector" de centro.


estes, en concreto, formar parte do "Club de Lectura" que coordina Rosa Loriga.


Atoparás no blog da BiblioEBA máis información


e a posibilidade de comentar o teu parecer sobre cada un deles.


Clica para acceder ao pdf

Distribuir contenido