FICHA 5- A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA
Nesta ficha reflexionamos sobre un tema que toda a sociedade considera importante dadas que as redes sociais e a tecnoloxía ocupan, nestes momentos, un espazo e tempo da nosa realidade cotiá bastante relevante.
Por suposto, existe unha preocupación porque os nosos alumnos/as, aínda que consideramos que esta reflexión se podería estender a todas as idades, poidan tomar boas decisións nas súas relacións nesta realidade “paralela”.
Para que a dinámica fose entretida, fixemos varias tarefas. Para empezar, un xogo de verdadeiro e falso con diversas ideas ou cuestións, como por exemplo:
Se envío un whatsapp a alguén que está en liña e non me contesta sinto frustración e ás veces mesmo enfado.
Se estás en parella o normal é coñecer o código de acceso do seu teléfono xa que non hai nada que ocultar.
Polas redes sociais digo cousas que non diría en persoa, tanto boas como malas.
Grazas a estas frases catalizadoras acadamos grandes debates moi interesantes na aula. Podemos preguntarlles mañá se chegaron a unha reflexión aplicable ás súas vidas ;)
Adjunto | Tamaño |
---|---|
FICHA5.jpg | 2.43 MB |