Evitar navegación.
Principal

Día do Libro 2016

Para celebrar o Día do Libro, que este ano coincide con IV Centenario da morte de Cervantes, o alumnado de 1º ESO participou na biblioteca nunha lectura colectiva dunha adaptación de Don Quijote de la Mancha.

Ademáis, unha representación do alumnado de 4º ESO fixo unha lectura plurilíngüe -en castelá, galego, inglés, francés e alemán- do principio de El Quijote. As palabras de Cervantes escoitáronse en todo o instituto.

Máis información no blog da nosa biblioteca