paz


Agardamos que chegue o día no que a forza do amor substitúa o amor pola forza (Ewart Glastone)



Día Escolar da Non-violencia e a Paz,

Xornada educativa non gubernamental establecida en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal como punto de partida e de apoio para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente. Celébrase, no hemisferio norte, o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte do Mahatma Gandhi, e, nos países con calendarios escolares propios do hemisferio sur, o 30 de marzo ou algún dos días próximos.

"http://www.youtube.com/embed/qKTKHU8Lmt4?rel=0"


Os premios nóbel da paz

O Premio Nobel outórgase cada ano a persoas que efectuasen investigacións, executasen descubrimientos sobresaíntes ou levasen a cabo calquera acción en beneficio da humanidad no ano precedente.

Os premios instituíronse seguindo a última vontade de Alfred Nóbel, inventor da dinamita e industrial sueco. Nóbel era un empresario enriquecido a través dunha industria produtora de dinamita, que tiña como principal mercado a minaría, pero tamén a guerra. Esta puido ser a motivación principal do seu afamado testamento, quizais unida ó costume da época de realizar accións para facer trascender o seu nome ó morrer.

O Premio Nóbel da Paz foil concedido a persoas e organizacións. Destas organizacións resaltamos o Comité Internacional da Cruz Vermella, ACNUR (Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados)... Das persoas que recibiron este premio, podemos destacar a Henry Dunant, fundador da Cruz Vermella; Martin Luther King, líder dos dereitos do pobo negro en Norteamérica:

"http://www.youtube.com/embed/EuiB-jDkoo0?rel=0"

Tamén recibiu este premio a monxa católica, coñecida como Madre Teresa, que deixou a súa vida axudando á poboación máis pobre de Calcuta (India); Óscar Arias, polo seu labor pacificador en Centroamérica; Desmond Tutu, pola súa constante loita contra o réxime de Apartheid en Sudáfrica; Yasser Arafat e Simon Peres, polos intentos (inda non frutificados) de solventar o chamado conflito árabe-israelí; Lech Walesa pola súa proactividade á fronte do Sindicato Solidariedade en Polonia; Mikhail Gorbachev, que sentou as bases do aperturismo da Unión Soviética, coa súa revolucionaria reforma económica e social coñecida como Perestroika e Barak Obama.

Algunas frases célebres sobre a paz e non violencia

Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño.

Mahatma Gandhi (1869-1948) Político e pensador indio.

Os homes construímos demasiados muros e non suficientes pontes.

Isaac Newton (1642-1727) Matemático e físico británico.

Cando me preguntaron sobre algunha arma capaz de contrarrestar o poder da bomba atómica, eu suxerín a mellor de todas: a paz.

Albert Einstein (1879-1955) Científico alemán nacionalizado estadounidense.

A paz comeza cun sonriso.

Madre Teresa de Calcuta (1910-1997) Misioneira de orixe albanesa naturalizada india.

Non basta con falar de paz. Un debe crer nela e traballar para acadala.

Eleanor Roosevelt (1884-1962) Defensora dos dereitos sociais e diplomática.

Se non estamos en paz con nós mesmos, non podemos guiar a outros na busca da paz.

Confucio (551 AC-478 AC) Filósofo chinés.

Todos quieren la paz y para asegurarla fabrican más armas que nunca.

Antonio Mingote (1919-2012) Debuxante e humorista español.

Aprendemos a voar coma os paxaros, a nadar coma os peixes, pero non aprendemos a sinxela arte de vivir como irmáns.

Martin Luther King, Premio Nóbel da Paz, 1964

Non existe a guerra inevitable. Se chega é por erro do home.

Andrew Bonar Law (1858-1923) Político inglés.

Non sei con que armas se loitará na terceira Guerra Mundial, pero si sei con cales o farán na cuarta Guerra Mundial: Paus e mazas.

Albert Einstein (1879-1955) Científico alemán nacionalizado estadounidense.

nagasaki


En la guerra todos pierden
Abel Pérez Rojas, poeta mexicano.

A violencia é o medo ós ideais dos demais.

Mahatma Gandhi (1869-1948) Político e pensador indio.

Ollo por ollo e todo o mundo acabará cego.

Mahatma Gandhi (1869-1948) Político e pensador indio.

Desconfío da incomunicación; é a fonte de toda violencia.

Jean Paul Sartre (1905-1980) Filósofo e escritor francés.

A violencia é o último recurso do incompetente.

Isaac Asimov (1920-1992) Escritor e bioquímico estadounidense.

Opóñome á violencia, porque cando parece causar o ben este é só temporal, o mal que causa é permanente.

Mahatma Gandhi (1869-1948) Político e pensador indio.

A violencia é o medo ás ideas dos demais e a pouca fe nas propias.

Antonio Fraguas Forges (1942-?) Humorista español.


O que se obtén con violencia, soamente se pode manter con violencia.

Mahatma Gandhi (1869-1948) Político e pensador indio.

paz

Algún poema:

O que farei, tradución do poema da palestina Suheir Hammad

Non danzarei ó son dos teus tambores de guerra .
Non darei a miña alma nin os meus ósos ó teu tambor de guerra.
No bailarei ó teu ritmo. Coñézoo.
Non ten vida.
Coñezoo intimamente esa pel que golpeas .
Estivo viva unha vez,
foi perseguida,
roubada,
estirada.
Non danzarei ó teu grito de guerra ,
non vou saltar, xirar, determe por ti.
Non odiarei por ti, nin sequera te odiarei.
Non matarei por ti .
Especialmente non morrerei por ti .
Non chorarei aos mortos con asasinatos ou suicidios.
Non me poñerei da túa parte oo bailarei polas túas bombas
porque os demais o fan.
Todos podemos equivocarnos.
A vida é un dereito, non é algo colateral ou casual .
Non esquecerei de onde veño.
Armarei o meu propio tambor.
Reunirei os meus seres queridos
e o noso canto será danzado.
O noso murmurio será tocado.
No serei o teu instrumento.
Non darei o meu nome e o meu ritmo ó teu tamborileo .
Bailarei e resistirei ebailarei e persistirei e bailarei.
Este latexo é máis forte que a morte.
O teu tambor de guerra non é máis forte que esta respiracion.

Tristes, tristes guerras, de Miguel Hernández

guernika

Tristes, tristes armas

si no son las palabras

Tristes, tristes hombres

si no mueren de amores

El mar tiene sed y tiene

sed de ser agua la tierra.

Alarga la llama el odio

y el amor cierra las puertas.

Voces como lanzas vibran,

voces como bayonetas.

Bocas como puños vienen,

puños como cascos llegan.

Tristes, tristes guerras

si no es de amor la empresa.

Tristes, tristes armas

si no son las palabras.

Tristes, tristes hombres

si no mueren de amores.

La sangre enarbola el cuerpo,

precipita la cabeza

y busca un hueco, una herida

por donde lanzarse afuera.

La sangre recorre el mundo,

enjaulada, insatisfecha.

Las flores se desvanecen

devoradas por la hierba.

"http://www.youtube.com/embed/EryImlloFzw?rel=0"

O reino, de Celso Emilio Ferreiro

No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.
Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,
decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.
¿Cando,
cando se perdeu,
iste gran Reino?

Algunha canción:

Imaxina, de Jhon Lenon
http://www.youtube.com/embed/JDzQLQ952ZU?rel=0"

paz

Última modificación: jueves, 7 de julio de 2016, 12:24