Programación. Scratch. 400 - 800 ptos. Individual ou por parellas.

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1516
Libro: Programación. Scratch. 400 - 800 ptos. Individual ou por parellas.
Imprimido por: Invitado
Día: domingo, 22 de septiembre de 2024, 15:42

Descripción

Programación.

Ideas para a realización desta tarefa

Programar un xogo con Scratch é moi sinxelo xa que a filosofía da aplicación permite o acceso ó código de todo o que se publica, polo tanto non vos resultaría complicado facer un copia-pega de todo ou parte do xogo.

Tamén é certo que o relevante de empregar Scratch como achegamento lúdico á programación obtén resultados conforme se vai afondando na dinámica de resolución de retos ou problemas, comezamos con algo sinxelo e, normalmente, ocúrresenos algún tipo de mellora que queremos investigar para resolver.

Por elo esta actividade plantéxase como unha secuencia de proxectos, un por cada 100 puntos, en orde crecente de dificultade, de xeito que podedes ir picando por riba en varias das tarefas do curso ou mergullarvos a diferentes nivéis en varias delas.

Queda por establecer a secuencia de proxectos que podería ser algo así:
Labirinto.
Ping-Pong.
Marcianitos.
Páxaro voando e esquivando plataformas. (aínda teño que investigar ben os nomes dos xogos)


Cada unha das tipoloxías anteriores podería ampliarse con puntuacións (50 ptos) e vidas (50 ptos).


Así definida é unha actividade individual.
Se queredes facela por parellas teredes que deseñar os xogos de xeito que sexa simultánemante para os dous xogadores (no caso de ping-pong é obvio, pero nos demáis non o é tanto).

Por exemplo, no caso do laberinto ocórreseme que hay dúas entradas e unha meta con obxectivos intermedios que fan que o contrario reste puntos ou retroceda á casilla de saída.

IMPORTANTE:
As entradas deben incluir as instrucións de xogo así como o enlace ó xogo na páxina de Scratch para poder ver o código, a descripción e demáis campos que debedes cumplimentar.

STARgal. Concurso Scratch

No IES A Cachada, de Boiro, están a organizar un concurso aunando o día das Letras Galegas e a programación con Scratch. Pódevos servir de inspiración e ver outras opcións ademais dos xogos.




O enlace ó blogue do concurso atoparalo aquí
Unha entrada ó respecto en Tecnoloxía.org sería esta.