3D

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1516
Libro: 3D
Imprimido por: Invitado
Día: lunes, 17 de junio de 2024, 18:57

Descripción

Libro de deseño en 3D con Sketch Up e SketchFab.

Introdución

DESEÑO EN 3D


Co paso do tempo o DEBUXO en papel está a ser sustituido polo DEBUXO VECTORIAL en soporte informático e, ao mesmo tempo, as ferramentas de debuxo fanse máis intuitivas, potentes e con versións gratuitas. Unha delas é o programa SketchUp de Google que xa tes instalado no ordenador e que podes descargar clicando no seu logo:
SketchUp
Neste curso académico imos traballar coa versión SketchUp 8, se instalas unha versión posterior terás que controlar que os envíos dos teus traballos sexan compatibles con esta versión. No instituto temos esta versión que é a soportada por Windows XP.

Qué se pode facer con SketchUp? pois aquí tedes o traballo extraescolar de Adrián Iglesias (informática 2012-13) e que ten subido á súa canle de YouTube:

SketchUp básico 01

SketchUp básico 02

SketchUp básico 03

SketchUp básico 04

SketchUp básico 05

Outros videotitoriais

Outra "" interesante é a de 13 videotitoriais cunha duración total de 49 minutos realizada por Fernando Martínez a modo de Prácticas Express.

Por outra banda, Fernando Martínez tamén conta cunha serie de videotitoriais sobre (10 vídeos - 1 hora 57 minutos) e outros con AutoCAD.