INFOXICACIÓN vs XESTIÓN DA INFORMACIÓN

Introdución

Nos tempos que corren temos que comezar a protexernos dunha nova doenza que xurde de internet, das redes sociais, da cotidianeidade dos smartphones, ... 



É a infoxicación, o exceso de información e a carencia de tempo para atender a tantos estímulos externos que nos parecen interesantes.

Temos medo de perdernos algo e sofrimos se non estamos atentos a todo.