Tarefa 02.01: Pinterest
Requisitos do completado
Olla este titorial de Jon Caballero sobre Pinterest:
Abertas: domingo, 27 de setembro de 2015, 8:20 AM
Pendente: luns, 12 de outubro de 2015, 12:55 AM
O obxectivo desta tarefa é conseguir que no meu taboleiro colaborativo de Pinterest "inforeba 1516" esteades todos e poidamos pinear nel. Os pasos son os seguintes:
- Rexistrarse en Pinterest.
- Seguir 5 taboleiros (requisito no momento do rexistro) e que poden ser algúns dos meus xa preparados para o curso, son aqueles que comezan por "Proyecto: ... "
- No anterior paso ou posteriormente, pero antes de respostar a esta tarefa, tedes que seguir o taboleiro "inforeba1516".
- Indicar nesta tarefa que xa sodes usuarios de Pinterest de xeito similar a como o fago eu:
Xa estou en Pinterest. Angel Acción de 4º X (aquí indicades o voso curso e grupo) : https://es.pinterest.com/accionangel/
O rexistro é moi intuitivo pero se non estás convencido podes ver a seguinte presentación dos pasos a seguir:
Unha vez entreguedes a tarefa ireivos invitando.