Curriculum Vitae - Infografía - Inkscape

Lembras a túa presentación "Eu de maior quero ser ..."?
pois agora imaxina que o conseguiche,
que pasaron 10 anos,
que ou ben ainda non atopaches o teu primeiro traballo ou que queres cambiar de aires,
vas ter que facer un Curriculum Vitae para promocionarte.
Xa sabemos que dentro de 10 anos haberá novas aplicacións coas que facer un CV, 
pero hoxe imos a presentar e distribuir o noso CV mediante un código QR.



A segunda opción é realizar unha infografía que ben pode ser sobre o teu Curriculum Vitae
ou sobre calquera outro tema,
neste caso é necesario que visiones bastantes infografías
para logo escoller a ferramenta e a plantilla.



Se che gusta o debuxo podes experimentar con Inkscape, o Corel gratuito,
un programa de debuxo vectorial (non perde calidade cos zoom)
moi axeitado para facer logos.

Como suxerencia podes deseñar o teu logo ou o de Tecnoloxía e mesmo o de TIC.