Pon un QR no teu blogue, e no instituto?

Viche o titorial que está por riba desta tarefa?
Se non o fixeche clica aquí para acceder ao eXeLearning e comprender o que tes que facer.

Indica nesta tarefa o enlace acortado á entrada do teu blogue onde teñas publicado o teu código QR personalizado e o texto explicativo.

Temos dúas opcións:
  1. QR do blogue, tal e como se desenvolve no recurso comentado.
  2. QR da lista de reprodución de YouTube ou SoundCloud dos traballos participantes no III Concurso Escolar de curtas e vídeos contra a violencia de xénero. O obxectivo desta posibilidade sería escoller algúns e situalos polo centro como reclamo para o emprego do móbil con fins educativos.


Criterios de cualificación:

  • Entrada explicativa que conteña enlaces activos (hiperenlaces): 40 puntos (mínimo 4 liñas e 4 enlaces).
  • Código QR no lateral do blogue: 10 puntos.
  • Nivel de personalización do QR de 30 a 50 puntos.
    • Código QR en color ou B/N, só puntos: 30 puntos.
    • Código QR en color con imaxe interior: 40 puntos.
    • Código QR personalizado dentro doutra imaxe: 50 puntos