Tarefa 03.02: Exposición pública da presentación "Eu de maior quero ser..."

Nesta tarefa recollerase a cualificación da vosa exposición pública da presentación "Eu de maior quero ser..." na que investigáchedes o percorrido académico dende hoxe ata o comezo do futuro quefacer profesional.

A exposición, que será grabada en vídeo, terá lugar na primeira semana de decembro co apoio da presentación publicada no voso blogue (transición automática das diapositivas establecida en 10 segundos que se aplica cando se "Publica na web" a presentación de Drive unha vez rematada) .

Tedes 200 segundos (10 segundos por cada unha das 20 diapositivas), pouco máis de 3 minutos, para compartir o percorrido académico dos vindeiros anos.



Consellos:
  • Non debes ler a presentación, ti falarás e a presentación será o teu acompañamento visual.
  • Contarás cun mando a distancia para o pase de diapositivas.
  • É unha presentación para verder unha idea, debe ter máis de publicitario que de libro de texto.
  • Se hai vídeos inseridos non tes por que reproducilos.
  • Os enlaces tampouco tes que abrilos todos, son un complemento para ampliar a información.
  • Os enlaces deben dar máis información da que se presenta na diapositiva para aqueles interesados que acudan a ela logo da exposición pública.