PARTICIPACIÓN DO IES DE BECERREÁ NO PARLAMENTO XOVE 2021

O sábado 13 de marzo comeza a fase clasificatoria da 12ª edición deste torneo de debate e, coma outras tantas veces, o IES de Becerreá participa no mesmo con dous equipos de Bacharelato, co obxectivo de clasificarse para a fase final quedando entre os oito mellores equipos desta primeira fase. O equipo de 1º de Bac está formado por Ainhoa, Alba, Anne, Higinio e Noelia, estando coordinados pola profesora Ana Canabal. O equipo de 2º de Bac, está constituído por Marcela, Martín, Paula e Tamara, sendo o seu coordinador Xulio, quen tamén é o responsable desta actividade desde a nosa primeira participación no concurso precursor do actual, a "Liga de Debate".

O tema de debate para esta primeira fase de clasificación é: "Debería un estado establecer como obrigatoria a vacinación entre a súa poboación?" Os debates ralizaranse a través de videoconferencia, e aínda que as persoas alleas aos equipos non poderemos asistir presencialmente, o noso ánimo estará co noso alumndo. Se queres obter máis información sobre este concurso de debate escolar, PREME AQUÍ.

 

PARTICIPACIÓN DO IES DE BECERREÁ NO PARLAMENTO XOVE 2021