INFORMARCIÓN SOBRE A SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-22

O nº de postos escolares ofertados no IES de Becerreá para o próximo curso son:

ESO: 25 alumnos/as por curso (un grupo)

BAC: 33 alumnos/as por curso (un grupo)

O prazo de presentación de solicitudes de  admisión abrangue do 1 ao 22 de marzo para o alumnado que, procedente doutros centros distintos, presenta solicitude de admisión no IES de Becerreá (descarga aquí a solicitude: Anexo II e Anexo II bis).

Lugar de presentación: pode facerse no centro con solicitudes cubertas a man ou ordenador pero sin creala na aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/); ou ben con solicitudes que se presentan no centro pero creadas na aplicación antedita. Finalmente, tamén se poden presentar na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, tamén a través da mencionada aplicación informática.

A publicación da listaxe provisional de admitidos/as faríase antes do 25 de abril, podendo formularse reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar. Antes do 15 de maio publicaríase a listaxe definitiva.

No caso de que o nº de solicitudes fose superior ao nº de prazas ofertadas (feito improbable no noso caso), o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días