COMO DESCARGAR E UTILIZAR A APLICACIÓN "abalarMóbil" PARA AS FAMILIAS.

Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fill@s (incluídas as notas) a través do teléfono móbil  ou tableta dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

PREME AQUÍ para ver a guía publicada pola Consellería de Educación para descarga e aproveitamento da aplicación. E AQUÍ para ver o vídeo explicativo deste proceso.