AVISOS

Estimadas familias, 

como vos informamos a través do comunicado de ABALAR, tedes aquí a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24, para que podades informarvos en que consite esa acreditación, e como é o proceso a seguir para anotarse á proba acreditativa para aquel alumnado que así o desexe, xa que non é obrigatoria facela.

Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e InnovaciónEducativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24

A data límite para a inscrición é o día 11 de marzo.

A Dirección


Bo día, 

 tendo en conta o establecido na Orde do 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos, publicamos aquí o Protocolo sobre o uso de móbiles  e dispositivos electrónicos que se vai a aplicar neste centro, despois do vista e prace do mesmo por inspección educativa

PROTOCOLO DE USO DE MÓBILES E DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA


Estimadas familias, 

como avisamos por ABALAR aquí deixamos a información sobre a proba de acreditación en competencia lingüística en linguas estranxeiras.

Trala publicación no portal educativo da Consellería de Educación da resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se regula a xestión das probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en 4º ESO, 1º e 2º de BAC durante o curso 23-24 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, no noso caso será para examinarse de inglés, ao ser a primeira lingua estranxeira de todo o noso alumnado.

AVÍSASE ao alumnado interesado en presentarse a estas probas durante o curso 23-24, que DEBE DESCARGAR E CUMPRIMENTAR O IMPRESO DE COMPROMISO INDIVIDUAL de presentación ás probas, DISPOÑIBLE aquí mesmo , e ENTREGALO NAS OFICINAS DE ADMINISTRACIÓN, ANTES DO LUNS 30 DE OUTUBRO



Estimadas familias, 

pola implantación da nova lei de educación, LOMLOE, ao abeiro da Orde do 25 de xaneiro de 2022, no claustro celebrado o día 07 de abril de 2022 ás 14:15 aprobáronse os criterios de promoción e titulación da ESO, os criterios de titulación de Bacharelato e os criterios para a concesión da mención da matrícula de honra para 4º ESO e 2º BAC. Eses criterios deben ser comunicados a toda a comunidade educativa polo que os publicamos neste apartado,  e tamén, na nosa páxina web do centro, no apartado O centro, na subcarpeta Proxecto Educativo.  

CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN NA ESO. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DA MENCIÓN DA MATRÍCULA DE HONRA EN 4ºESO.

CRITERIOS DE TITULACIÓN EN BACHARELATO. CRITERIOS PARA ACONCESIÓN DA MENCIÓN DA MATRÍCULA DE HONRA EN 2ºBAC.