Skip to Content

Nova lectura de Banda Boom

Despois do éxito da primeira lectura, o alumnado participante no clube Banda Boom comeza a ler xa o segundo cómic co que traballarán no clube de lectura.

- Engurras, de Paco Roca para o alumnado de 1º e 2º de ESO.

- La batalla de Rande, de David Braña e Pablo Prado para o alumnado de 3º e 4º de ESO.

 

Estamos encantados co interese e implicación coa que o noso alumnado está traballando.

Bota a andar Banda BOOM, o clube de lectura do IES de Barro

O alumnado participante no clube de lectura Banda Boom está comezando coas primeiras lecturas. 

A petición delas e deles, e polo gran entusiasmo e interese que están amosando. comezaremos o luns coa primeira xuntanza.

 

O IES de Barro é un dos 20 centros educativos selecionados en Galicia para participar no programa EDUreferentes

O alumnado do noso centro participará no programa EDUreferentes 23-24 co que se pretende achegar ás aulas testemuños de mulleres galegas referentes que destacan pola súa traxectoria profesional de éxito en ámbitos con reducida representación feminina e fomentar así de xeito transversal a igualdade.

 

Visita do alumnado de 4º de ESO ó Parque Eólico Experimental de Sotavento

O alumnado de 4º de ESO viaxou o luns 13 de novembro a Xermade (Lugo) para visitar o Parque Eólico Experimental de Sotavento, nunha actividade que lle permitiu coñecer de primeira man o proceso de obtención de enerxía eléctrica con fontes de obtención renovables.

Obradoiro "unha visión de xénero"

O alumnado do IES de Barro participou o xoves 9 de novembro nun obradoiro solicitado polo equipo de Normalización Lingüística e organizado pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.

Visita do alumnado do IES de Barro á exposición 15 Visións

O alumnado do IES de Barro tivo a oportunidade de visitar o venres 10 de novembro a exposición "Express-Arte" organizada pola concellería de Muller e Igualdade do Concello de Barro, levada a cabo no salón de actos da biblioteca municipal.

 

Esta exposición, que ten por nome 15 visións, foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e está creada no marco da inserción laboral para vítimas de violencia de xénero. Trátase de 15 fotografías de Juan Rivas que recrean obras de arte de artistas de primeira orde internacional, tales como J. Vermeer, Caravaggio, Delacroix, Berthe Morisot, Leornardo da Vinci, K. Rozumov, Tissot, Sandro Boticelli e Francisco de Goya, entre outros.

Charla sobre doazón e trasplante de órganos

Hoxe visitáronos Paula Boga, Coordinación autonómica de trasplantes de Galicia e Carlos, trasplantado de fígado, para charlar da importancia dos trasplantes.
 
Paula explicóunos que son os trasplantes, quen pode doar, que se pode doar e os tipos de trasplantes que existen e Carlos falounos das vivencias dunha persoa trasplantada: cando che diagnóstican a enfermidade o tempo de espera na lista de trasplantes, a chamada de que hai un órgano compatible e o tratamento posterior ao trasplante.
 
Moitas grazas polos vosos testimonios e recordade que España leva sendo líder mundial en trasplantes de órganos máis de 30 anos.
 

Concurso de cabazas

Outra das actividades que se levaron a cabo o venres 27 de outubro foi o concurso de cabazas. Contamos con catro participantes que elaboraron unhas propostas que amosan un gran traballo pola súa parte. A gañadora foi Sabela García de 1º de ESO.

A continuación poden ver as cabazas participantes:

Concurso de doces de Samaín

O venres 27 celebramos o xa tradicional concurso de doces de Samaín do IES de Barro. Contamos cunha gran participación, todas elas de moi bo aspecto. A gañadora foi Saray Gómez de 4º de ESO. Deixamos imaxes de algunha das propostas.

Samagosto 2023

O venres 27 celebramos no IES de Barro a festividade do Samagosto. Ante a imposibilidade de asar castañas, o bar Plaza obsequiounos cun chocolate que acompañamos de doces e boliños de chourizo. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Segundas sesións formativas do Plan Director

O alumnado de 1º e 2º de ESO participaron o 17 de outubro nas segundas sesións formativas do Plan Director na que se abordaron asuntos de gran importancia como o acoso escolar, adicións a videoxogos e apostas, violencia machista e ciberseguridade.

Visita ó centro da nosa ex alumna Lucía Pérez

O departamento de Lingua Inglesa organizou unha actividade para 3º e 4º de ESO na que a nosa ex alumna Lucía Pérez Moretti, becada da fundación Amancio Ortega no curso pasado, nos falou da súa experiencia en Toronto e aconsellou ó alumnado do centro solicitante desta beca no presente curso.

 

Moitas gracias por compartir con nos a túa experiencia, Lucía!

Caderniños de traballo para o curso 2023-2024

Formación sobre enerxías renovables

O alumnado de 1º de ESO realizou unha formación sobre enerxías renovables onde coñeceron os procedementos de transformación de enerxía así como as vantaxes e inconvintes das distintas fontes de enerxía, tanto de xeito teórico como práctico.

Visita a Edugal

O alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de visitar o venres 6 de outubro Edugal, onde amosaron un gran interese sobre a oferta formativa que se promocionaba.

SAMAGOSTO 2023

Concurso para a selección dun logo para o IES de Barro

Publicado o concurso para a selección dun logo para o IES de Barro.

 

A candidatura seleccionada recibirá un lote de material escolar. A entrega do premio realizarase o 27 de outubro.

 

Animamos a todo o alumnado a participar.

Sesións formativas no IES de Barro dentro do Plan Director

 

O 3 de outubro, integrantes do corpo da Garda Civil impartiron unhas sesións formativas ó alumnado de 3º e 4º de ESO sobre ciberseguridade, acoso escolar e violencia machista. O martes 17 de outubro será o turno para o alumnado de 1º e 2º de ESO.

 

 

Información sobre o proxecto Edixgal

No ficheiro que se adxunta podedes consultar o documento informativo sobre o proxecto Edixgal para o curso 23-24.

Presentación da reunión de inicio de curso coas familias

Adxuntamos a presentación empregada na reunión coas familias os días 13 e 14 de Setembro para facilitar a súa consulta ás familias que non puideron asistir á mesma.

Novo espazo de lectura e xogos para o alumnado

 

Unhas das principais novidades deste curso 2023-2024 que acabamos de comezar é a creación deste espazo para que o alumnado poida ler e empregar xogos de mesa durante os recreos.

 

Esperamos que o desfruten!

Convocatoria de reunión coas familias

Convocamos ás familias do alumnado do IES de Barro a unha reunión informativa, que se levará a cabo no centro, por grupos, nas seguintes datas:

 

- Mércores 13 de Setembro ás 19:30h: familias do alumnado de 1º ESO A, 2º ESO A e 3º ESO.

 

- Xoves 14 de Setembro ás 19:30h: familias do alumnado de 1º ESO B, 2º ESO B e 4º ESO .

 

Nesta reunión trataremos asuntos relacionados co funcionamento xeral do centro e posteriormente de xeito concreto de cada grupo.

 

Para o tratamento de cuestións individuais pedimos que soliciten nos días posteriores unha cita de titoría.

 

Agradecemos a súa asistencia e colaboración.

 

Equipo directivo do IES de Barro.

Organización do Luns 11 de Setembro, 1º día lectivo.

O Luns 11 de Setembro comezaremos a actividade lectiva en horario habitual, de 8:15h a 14:00h, e de 16:00h a 17:40h en horario de tarde.

 

O procedemento de acollida do alumnado será o seguinte:

 

- O alumnado esperará no patio exterior ás 8:15h a ser chamado, para dirixirse co seu/súa titor/a á aula de referencia do/a mesmo/a.

 

- Nas dúas primeiras sesións lectivas, de 8:15h a 9:55h, o alumnado permanecerá nesta aula onde recibirá información relacionada co seu grupo, ó mesmo tempo que o equipo directivo irá por ditas aulas dando información sobre o funcionamento e as normais xerais do centro.

 

- Ás 9:55h o alumnado sairá ó patio no seu primeiro recreo ata as 10:10h.

 

- Ás 10:10h dará comezo a actividade lectiva na súa normalidade.

 

Centraremos os recursos do centro en dar a mellor acollida ó alumnado polo que a información ás familias proporcionaráselle na reunión á que serán convocados proximamente.

 

Grazas pola súa colaboración.

 

Equipo directivo do IES de Barro.

Procedemento de saída do alumnado do centro no curso 23-24

Co obxecto de facilitar e axilizar a saída do alumnado do centro, elaboramos un procedemento que establece unha prioridade na saída.

 

A orde será a seguinte:

 

1º- Alumnado acompañado por persoa autorizada, que deberá ser recollido dentro do recinto.

 

Se o adulto responsable non se atopa dentro do recinto no momento da saída, o alumnado sairá no último lugar.

 

2º- Alumnado usuario do transporte escolar.

 

3º Alumnado que sae camiñando. Deberá circular pola beirarrúa.

 

Equipo directivo do IES de Barro.

LIBROS DE TEXTO 23-24

O IES de Barro, que participa no proxecto E-DIXGAL, conta para toda a E.S.O. con libros en formato dixital.

Non obstante, hai un caderno en soporte papel que teñen que comprar as familias:

 

1º ESO

Teamwork ESO 1 Workbook

Burlington

978-9925-30-509-4

2º ESO

Teamwork ESO 2 Workbook

Burlington

978-9925-30-463-9

3º ESO

Teamwork ESO 3 Workbook

Burlington

978-9925-30-469-1

4º ESO

Teamwork ESO 4 Workbook

Burlington

978-9925-30475-2

IES BARRO: VACANTES PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024

IES DE BARRO

VACANTES PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024

Solicitude de Admisión para o curso 2023-2024

Solicitude de Admisión para o curso 2023-2024
 
Prazo : do 1 de marzo ao 20 de marzo
 
A solicitude será única e presentarase por medios telemáticos na aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) ou ben na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar.
 
Achegar copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

RESERVA PRAZA PARA O CURSO 2023/2024 NO BACHARELATO (IES XUNQUEIRA I)

RESERVA PRAZA PARA O CURSO 2023/2024 NO BACHARELATO (IES XUNQUEIRA I)

TODO O ALUMNADO DO IES DE BARRO, QUE FIXO RESERVA PARA O VINDEIRO CURSO NAS DISTINTAS MODALIDADES DO BACHARELATO, FOI ADMITIDO NO I.E.S. A XUNQUEIRA I.

 

 

Barro, 27 de febreiro de 2023.

RESERVA DE PRAZA PARA 1º ESO CURSO 2023-2024

RESERVA DE PRAZA PARA 1º ESO CURSO 2023-2024
Informamos que tódalas solicitudes de reserva de praza para 1º ESO para o vindeiro curso presentadas polo alumnado do CEIP Amor Ruibal foron admitidas e obtiveron praza.

Dúas viaxeiras americanas visitan o IES de Barro

O Departamento de Inglés do IES de Barro organizou unha actividade para fomentar a práctica oral da lingua inglesa grazas á visita de dúas viaxeiras americanas que foron entrevistadas polo alumnado dos diferentes grupos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut