Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Artes escénicas

Obra artes escénicas

Que ten a vosa xeración que contarlle ao mundo dende un escenario?  Esta foi a pregunta que iniciou o proceso de creación deste espectáculo. En novembro, os 27 alumnos/as de artes escénicas responderon a esta pregunta. Entre todos/as decidiron que ao tema a traballar sería a autoestima e dende entón estamos reflexionando sobre ela. 

#Autoestima é o resultado final desta pequena investigación.  Ao longo destes meses responderon que era a autoestima,  escribiron sobre o modo no que as redes sociais lles afectan e entrevistaron a persoas doutras xeracións para saber se o que eles pensan cambia co paso do tempo. Tivemos a sorte de contar coa axuda de especialistas externos como a psicoterapeuta Noa Pereiro ou o actor e formador David Alonso que nos guiaron de modos moi enriquecedores. Todos os textos, músicas, imaxes… Absolutamente todo o que está en escena parte das ideas destes 27 intérpretes.

Non sabemos se ao saír do teatro saberedes que é a autoestima, pero seguro que coñeceredes un pouco mellor o que se lle pasa pola cabeza a esta xeración que grazas ao teatro ten a oportunidade de darlles a estas ideas voz e corpo.

 
Distribuir contido