Curso 2014-2015

Viaxe a Aarhus

A primeira semana de marzo, os alumnos de 2º de Bacharelato participantes no intercambio con Dinamarca estarán na cidade de Aarhus, residindo nas casa dos compañeiros que visitaron Gondomar a principios do curso.

Teatro en francés

    O alumnado de francés de 4º ESO e Bacharelato terá a oportunidade de asisitir a unha representación teatral en francés o próximo venres 6 de marzo, nunha  actividade organizada polo departamento de francés en colaboración coa Alianza Francesa.  

Día da muller traballadora

O venres 6 de marzo o alumnado de 3º ESO participará nunha serie de actividades organizadas polo Concello de Gondomar relacionadas co Día Internacional da Muller Traballadora. 

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2015

No Diario Oficial de Galicia do 23 de febreiro, publícase a Orde do 17 de febreiro de 2015 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2015 

Máis información en www.edu.xunta.es/fp/probas-acceso-convocatoria-2015

 

Visita ao Porto do Molle

 O departamento de economía organizou unha visita ao Parque Empresarial do Porto do Molle para o vindeiro 11 de febreiro, co fin de coñecer as instalacións.

Ciencia en movemento

O venres 27 de febreiro, teremos no instituto unha exposición itinerante relacionada co programa Ciencia en Movemento, organizada polo departamento de tecnoloxía. Haberá actividades programadas para os cursos de 3º ESO e 4º ESO, pero estará aberta a toda a comunidade educativa.

 

Distribuir contido