Curso 2016-2017

Charla de orientación para alumnado de 2º de bacharelato

Charla informativa sobre a nova ABAU (o vella PAU, a selectividade) e a oferta educativa da Universidade de Vigo, o mércores 29 de marzo contra as 17:00.

Intercambio con Aarhus

Ao longo da semana do 2 ao 9 de marzo os alumnos de 2º Bacharelato que participan no intercambio co centro dinamarqués Viby Gymnasium estarán na cidade de Aarhus. No seguinte enlace pódese consultar a páxina web do centro dinamarqués.

2ª xornada de liga de xadrez

En terceira división finalizou con dúas vitorias, o Laroca Mallón acadou un pleno ao gañar 4-0 ao equipo Villa de Bouzas C, mentres que o equipo do Laroca IES Auga da Laxe gañou 1-3 na súa visita ao equipo Club Xadrez Mos D.

 

Equipo Laroca IES Auga da Laxe en plena concentración

 

 A xogadora do clube Laroca, Mireya Represa, ven de ser nomeada Mestra Fide de xadrez.

 

Beca Barrié para Aarón Domínguez

Parabéns ao noso alumno Aarón Domínguez Costas ao que lle concederon a beca Barrié para cursar 1º de bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos.

Éxito do Equipo de Xadrez IES Auga da Laxe na primeira xornada de liga

A primeira xornada de liga de xadrez resolveuse con éxito para o Club Laroca de Nigrán. O equipo de Laroca A, que iniciaba a súa andaina na primeira división, gañou nun apertado encontro 1.5 a 2.5 na casa do Alekhine-Correduría Tempu, con táboas de Mireya, Tino e Sergio nos tres primeiros taboleiros e gañando no cuarto Fran.

Na segunda división produciuse un empate a dous entre os equipos Laroca B e Laroca C, mentres que en terceira produciuse a vitoria 3.5 a 0.5 do Laroca IES Auga da Laxe, sobre o Laroca Mallón.

 

Convocadas as probas de acceso a ciclos de grao medio e grao superior.

Convocadas as probas de acceso a ciclos de grao medio e grao superior.

Grao medio
- Prazo de inscrición: entre os días 13 e 23 de marzo.
- Realización da proba: 31 maio

Distribuir contido