Asemblea sobre o transporte no Val Miñor

Mañá, mércores, 21 de febreiro, ás 19:00 horas no CPI Arquitecto Palacios en Panxón (Nigrán) e organizado por FAVALMI (a Federación de ANPAS do Val Miñor) terá lugar unha asemblea aberta a todas as familias para tratar os problemas do transporte no Val Miñor e as dificultades derivadas como que o alumnado poida elixir a formación que desexa sen que supoña un custo excesivo para as familias. 

A ANPA As Gaiandas convídavos a que participedes.