FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Xa están dispoñibles, nos taboleiros do interior do Instituto, as listasxes cos libros concedidos no Fondo Solidario para o curso 2023/2024. As persoas interesadas poden pasar a consultalas de 9:30 a 14:00 horas.

Este ano concedéronse cheques para material ás familias que teñan asignados en préstamo 6 ou 4 libros.

No DOG do día 19 de maio de 2023, publícase a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

O prazo remata o día 21 de xuño de 2023 incluído.

 

Como novidade, no artigo 9.3. se establece que "As solicitudes presentaranse preferiblemente por via electrónica na aplicación informática fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros" ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

 

Máis información na páxina web www.edu.xunta.gal