Exención lingua galega

A orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario da Galicia, con relación á exención da matería de lingua galega establece no seu artigo 3 os requisitos para a obtención da exención temporal.

"O alumnado procedente doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro que se incorpore ao sistema educativo de Galicia no 3º ciclo da educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en bacharelato poderá obter unha exención temporal da cualificaión das probas de avaliación da materia de lingua galega durante un máximo de dous cursos escolares consecutivos".

Para solicitar a exención da materia de lingua galega e preciso encher o impreso do arquivo que se achega.

AdxuntoTamaño
Formulario exencion lingua galega.pdf281.16 KB