Xeografía e Historia

O presente curso pretende ser unha ferramenta de traballo e apoio para o alumnado de 1º de bacharelato que cursa a materia Historia do Mundo Contemporáneo. Aquí poderán atopar guías de traballo, apuntamentos, mapas e textos históricos, así como material audiovisual complementario.

A materia de Historia da arte pretende ofrecer unha visión global das diferentes tendencias artísticas que ao longo da historia marcaron os movementos máis importantes na pintura, a escultura, a arquitectura e outras artes relacionadas.

Neste curso, o alumnado de 3º ESO A e B poderá consultar o material empregado e as indicacións para o desenvolvemento das actividades diarias. Servirá para seguir as clases, no caso de non poder asistir a elas.

Neste espazo, o alumnado de 1º Bacharelato B e C, que curse a materia de Historia do Mundo Contemporáneo, poderá consultar o material empregado e as indicacións para o desenvolvemento das actividades diarias. Servirá para seguir as clases, no caso de non poder asistir a clase, de forma puntual ou no caso de quedar confinados.

Este curso pretende introducir ao alumnado no coñecemento da Historia de España. A evolución económica, social e política do territorio da Península Ibérica dende as súas orixes prehistóricas ata a actualidade.

Os materiais que estarán dispoñibles nesta Aula Virtual intentan ser axuda e guía nunha materia moi ampla. En ningún caso deben ser considerados a única fonte de recursos.