Neste curso trataremos contidos de dúas Unidades Formativas: 

PREPARACIÓN DOS EFECTOS DE IMAXE, GRAFISMO E ROTULACIÓN e VALORACIÓN DE RESULTADOS E XESTIÓN DE MATERIAIS DA MONTAXE E A POSPRODUCIÓN

C1: Determinar os efectos de imaxe, grafismo e rotulación da produción segundo criterios narrativos e dispoñibilidade de materiais e recursos.

CE1.1 Determinar os efectos máis adecuados en función dos requirimentos narrativos expresados no guión e as imaxes dispoñibles.

CE1.2 Seleccionar a plataforma máis adecuada para a obtención dun efecto dado.

CE1.3 Seleccionar as ferramentas adicionais de software («plug-ins») necesarios para a elaboración dun efecto dado.

C2: Preparar os efectos de imaxe, grafismo e rotulación para realizalos nun sistema de edición propio ou nunha plataforma externa seleccionando e facilitando o envío dos materiais.

CE2.1 Planificar o proceso de elaboración dun efecto mesmo cando implique a realización parcial de certos elementos ou fases, en distintas plataformas.

CE2.2 Describir os procesos de xeración de máscaras para a composición de imaxes.

CE2.3 Describir os procesos de xeración de pautas e modelos de grafismo e rotulación do programa.

CE2.4 Elaborar un informe coas pautas para o grafismo e rotulación do programa que deban levar a cabo en diferentes plataformas.

CE2.5 Realizar a copia nun soporte de intercambio e no formato requirido dos materiais que teñan que ser enviados a unha plataforma externa para a aplicación de efectos ou para calquera outro tratamento específico.

CE2.6 A partir dunha montaxe básica a corte, aplicar gráficos, rotulación e máscaras.

Unidade de formación impartida polo profesor Roberto S. Pérez

Neste curso estudaremos a montaxe dende unha perspectiva conceptual e práctica, a través do análise de visionados e a utilización das ferramentas  de edición que estanse a utilizar actualmente.