Foro de novas

Derradeira xuntanza do Club de lectura (Elba) este curso 2020-2021

Derradeira xuntanza do Club de lectura (Elba) este curso 2020-2021

por Elba Granado Sánchez -
Número de respostas: 0

Ola a tod@s!

Este  é un recordatorio de que o próximo xoves 17 de xuño teremos a nosa derradeira xuntanza do Club de lectura este curso 2020-2021; aproveitaremos a ocasión para traballar  cun fermoso libro ilustrado: Mexique. El nombre del barco, de Mª José Ferrada e Ana Penyas, unha xoia publicada pola editorial El zorro rojo, como algún outro dos que xa vimos este curso.

Botaremos unha  ollada á viaxe de quiñentos nenos e nenas fillos de republicanos españois que comezaron o seu exilio embarcando cara México no barco Mexique para fuxir da Guerra Civil; de novo enfrontaremos a mirada das víctimas máis fráxiles dos conflitos bélicos, os menores, que  se ven obrigados a deixar as súas casas e ás súas familias rumbo ao descoñecido.

Espérovos na biblioteca para poñer punto e seguido á nosa aventura lectora.

Un saudiño

Elba