Foro de novas

Nova reunión o xoves 29 de abril do nosos club de lectura (Elba)

Nova reunión o xoves 29 de abril do nosos club de lectura (Elba)

por Elba Granado Sánchez -
Número de respostas: 0

O próximo 29 de abril volveremos reunirnos na biblioteca durante o 1º tempo de lecer; nesta ocasión teremos a oportunidade de comezar coa lectura do libro de Agustín Fernández Paz, Lúa de Senegal, que virá a enriquecer a nosa proposta de lecturas para este curso.

Falaremos tamén das obras que temos en perspectiva e que acabamos de mercar para seguir co noso club tanto para este ano como para poder proseguir o próximo.

E non nos esqueceremos de falar do tema que nos quedou pendente na sesión anterior, o expresionismo alemán, que saíu co gallo das ilustracións da obra La isla, de Grender, que nos sorprendeu co seu grafismo.

Vémonos o xoves!!!!

Un saudo

Elba