Xa tedes colgado o PDF da obra que temos proposta como lectura no noso club para este segundo trimestre, Las cenizas de Ángela, de Frank McCourt, e da que xa falamos nas nosas reuniónes de novembro e decembro. Se vos parece ben, poderemos ler os tres primeiros capítulos para a nosa próxima reunión.
Só tedesque entrar no apartado da Aula Virtual que corresponde á Biblioteca e atoparedes unha pestana co título CLUBS DE LECTURA onde aparece unha etiqueta co nome do noso club; alí atoparedes o libro en formato PDF para a súa lectura.
Espero que vos guste!
Un saúdo e vémonos axiña!
Elba