Foro de novas

Reunión Club de Debate e Lectura de 1º ESO.

Reunión Club de Debate e Lectura de 1º ESO.

por Aurora Romar -
Número de respostas: 0

Boas tardes:

Como acordamos na última reunión do club de debate do pasado día 21 de decembro, todos aqueles que queirades participar, de xeito totalmente voluntario, nunha reunión virtual do mesmo, convocada por Cisco Webex o vindeiro mércores 30 de decembro de 2020 as 16:30, podedes facelo empregando os seguintes datos que vos ensinamos a empregar durante as clases:

Número de reunión: 121 091 0919
Contraseña: unicornio1
Para poder entrar na reunión é necesario que antes vos identifiquedes co voso nome (non é necesario o apelido). Como parte da orde do día estará o debate sobre o nome do clube, así que espero as vosas ideas. A elección do nome é unha importante decisión, xa que nos representará e falará das ilusións postas neste novo proxecto. Tamén podemos discutir o logo que irá ligado a ese nome.

Axiña nos vemos.

Un saúdo.