Skip to Content

Xestión dos comedores escolares

Instrución 2/2022 e 3/2022 para a xestión dos comedores escolares para o curso 2022/2023.Prema aquí.

No caso de solicitar praza no comedor, cubrir o anexo II e entregar no centro.Para descargar o anexo,prema aquí.

Solicitude de autorización de uso excepcional de transporte escolar gratuito

Para a descarga do módelo de solicitude para o curso 2022/2023, prema aquí

Listaxe de rutas de transporte do IES As Mariñas.Para máis información, prema aquí.

FORMULARIOS DE MATRÍCULA CURSO 2022-23

Para formalizar a matrícula poden recoller os formularios no centro ou descargalos do web (entregar duplicado)
Formulario de matrícula
Pago do seguro escolar
Solicitude de parada de transporte escolar (ordinario ESO: Oza-Cesuras e Aranga)
Autorización de dereito de imaxe e actividades

CALENDARIO DE MATRÍCULA CURSO 2022-23

Publícase o calendario de entrega de documentación de matrícula para o curso 2022-23

Calendario

Información xeral de admisión. Curso 2022/2023

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Máis información, prema aquí.

Calendario para FP básica, prema aquí

SOLICITUDE DE ADQUISICIÓN LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-23

A Orde do 29 de abril de 2022 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2022/23 para alumnado matriculado en primaria e secundaria.

Lugar de presentación, o centro no que estea admitido o alumnado, para o curso 2022/23.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en
ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese
matriculado no curso 2021/22.

Prazo de solicitude: do 19 de maio ata o 22 de xuño
Formulario: anexo

Distribuir contido


by Dr. Radut