Skip to Content

Edixgal

Galicia en Datos

Lexislación educativa

ACTIVIDADES

« Septembro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Eventos

Horarios do Centro

AXUDAS ADQUISICIÓN DE MÁSCARAS COVID-19

Publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o
procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en
educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en
centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados
concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

Solicitudes:

Artigo 6. Alumnado exento de presentar solicitude
Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir
material escolar no curso 2020/21.
Artigo 7. Presentación de solicitudes
1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado
que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída.
No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a
solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva
en acollemento familiar.

Convocatoria: prema aquí

Descarga do formulario: prema aquí

NOTA DE AGRADECEMENTO

 

No IES As Mariñas de Betanzos estamos a traballar na mellora das instalacións e como froito deste esforzo cabe resaltar a terminación da primeira fase  da construción dunha maqueta que representa unha instalación eléctrica. Esta, unha vez rematada, representará o tramo de sistema eléctrico que trae o subministro a os nosos fogares e negocios.

 

Esta primeira fase incorpora dous apoios dunha liña de 20.000 voltios. Máis adiante prevese un centro de transformación e unha liña de baixa tensión.

 

DD.jpg

 

Dende a dirección e o departamento de electricidade do IES As Mariñas de Betanzos queremos expresar o noso agradecemento aos seguintes colaboradores:

- Sucesores de M. Leira, S.L. por doar os apoios e condutores.

- La empresa Tibar, S.L.  por traelas ao instituto.

- A o Concello de Betanzos polo izado y o formigonado dos apoios. Empresa Agustín Vázquez Carro.

- E a o noso compañeiro e amigo Fernando Golpe por idear o deseño e conseguir a unión de todas as pezas.

 

Esperamos que sexa de grande axuda para a formación dos futuros electricista da comarca de Betanzos.

 

A dirección e o departamento de Electricidade.

 

Medalla de Bronce nas olimpiadas nacionais de FP Spainskills para o noso alumno Brais Fernández Rocha

O noso alumno de CS Automoción,  Brais Fernández Rocha titorizado polo profesor Miguel Vilela obtivo a medalla de Bronce nas olimpiadas de FP Spainskills 2019 na especialidade de tecnoloxía do automobil. Noraboa campión!!Nova: "creandotuprovincia"Nova: "Portal educación xunta de Galicia"

CHEGA O GRAN MOMENTO. SPAINSKILLS 2019

Chega o gran momento para Brais Fernández Rocha, alumno do ciclo superior de Automoción do noso IES, a partir de hoxe comezan as olimpíadas nacionais de FP, Spainskills 2019, que se celebran no IFEMA de Madrid, ao longo destos tres días 28, 29 e 30 deste mes de Marzo. Despois dunha longa preparación tras gañas o campionato autonómico hoxe xa se atopa en Madrid xunto co seu titor Miguel Vilela disposto a dalo todo e demostrar a calidade da nosa formación profesional.

O obxectivo das olimpíadas de FP é amosar a capacitación dos estudantes destas ensinanzas nun escaparate que sirve como lugar de encontro de institucións e empresas.

As Spainskills celébranse cada dous anos e conta con representación de todas as comunidades autónomas. Os gañadores de medalla de ouro nesta competición representarán a España en Worldskills Kazan 2019 (Rusia) e en Euroskills Graz 2020 (Alemaña).  https://spain-skills.es/

 

A retransmisión deste campionato pódese seguir en directo desde o seguinte enlace:

 

https://spain-skills.es/index.php/competiciones/fases/nacional/spainskills-madrid-2019/retransmision-en-directo-spainskills-2019

 

 

Moita sorte brais.

Programa Educa2020

O Programa Educa2020, centrado en analizar as actitudes emprendedoras e innovadoras, os traballos do futuro e as expectativas profesionais do alumnado de Bacharelato e Formación Profesional.Nesta ocasión a enquisa está dirixida a pais, nais e titores.    • Acceso á enquisa

MEDALLA de ouro GaliciaSkills 2018 SKILL Tecnoloxía do automobil.

 

O Noso IES As Mariñas continua pisando forte nos campionatos autonómicos e nacionais, nesta ocasión participou con dous alumnos na quinta edición de Galicia Skills 2018, unhas xornadas nas que 137 alumnos de 52 centros galegos mostraron as súas destrezas nas  diferentes ramas de Formación Profesional e onde saen os xovenes que representarán a comunidade na  competición estatal Spainskill 2019.

Dous estudantes do noso centro Brais Fernández Rocha titorado por Miguel Vilela no Skill de Tecnoloxía do automobil e Francisco Seijo titorado por Jose Manuel Pico no Skill de pintura do automobil realizaron unha brillante participación traballando durante dous días nas distintas probas prácticas que os xurados de cada Skill propoñeron.

Nesta edición o noso IES conseguiu unha medalla de ouro no Skill de Tecnoloxía do automobil, polo que Brais Fernández Rocha representara a nosa comunidade no campionato nacional Spainskills 2109 que se celebrará en Marzo do 2019.

presentacion foto.png

Miguel Paz Pena alumno de Automoción no noso centro acada unha medalla de excelencia no Euroskill 2018 en Budapest

 

Miguel Paz Pena, alumno do ciclo superior de Automoción no noso centro e titorizado polo profesor Miguel Vilela,  tras gañar as medallas de ouro no campionato autonómico GaliciaSkills e no nacional SpainSkills 2017, e clasificarse para formar parte da selección Española na especialidades Tecnoloxía do automóbil, participou no campiotato Europeo Euroskills 2018, en Budapest entre os días 26 e 29 de Setembro.

O noso alumno Miguel Paz Pena competíu no Skill de Tecnoloxía do Automóbil no mais importante campionato de formación profesional a nivel Europeo contra competidores doutros 17 países acadando o posto 7 na clasificación, conseguindo unha medalla de excelencia asignada aos competidores que obteñen unha puntuación moi próxima a medalla de ouro, situando ao noso centro e a nosa comunidade no mais alto da formación profesional europea.

 http://www.edu.xunta.es/fp/node/14941

http://www.euroskills2018.com/

http://www.todofp.es/sobre-fp/competiciones-de-fp/worldskills-europe/budapest2018.html

NORABOA CAMPIÓN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut