Skip to Content

Calendario de exames finais da educación secundaria para adultos (ESA)

Publicase o calendario de avaiacions finais da ESA1 e ESA3 a celebrar en febreiro 2023. Para acceder a información, prema aquí.

 

Actividade lectiva xoves 22 de Decembro

O vindeiro xoves 22 de decembro as actividades lectivas finalizan as 14:15 (non haberá clase pola tarde).

Voltamos o luns 9 de xaneiro.

Bó Nadal e Felices Festas a tod@s!

Eleccións ao Consello Escolar: proclamación de candidatos

Dacordo coa Resolución 19 de setembro de 2022 e a normativa vixente de aplicación no procedemento de elección dos membros do Consello Escolar a Xunta Electoral proclamou os candidatos elexidos como representantes de cada sector educativo no Consello Escolar.

Esta información pódese atopar no taboleiro de anuncios do centro.

Eleccións ao Consello Escolar

Dacordo coa Resolución 19 de setembro de 2022 e a normativa vixente de aplicación no procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, a Xunta Electoral constituída onte, 2 de novembro, aprobou o calendario electoral para a renovación dos seguintes membros: dous pais/nais ou titores legais, dous alumnos e tres profesores do Consello Escolar.

O prazo de presentación de candidaturas e reclamacións ao censo electoral é dende o día 3 ata o 15 de novembro ás 14:00 horas.

Podedes atopar máis información na web, no taboleiro informativo do centro e no taboleiro da sala de profesores.

Avisos

Aviso sobre festivos: O centro solicitou o 20 de marzo e 2 de maio como dias non lectivos.

Aviso sobre o transporte escolar: o vindeiro mércores 2 de novembro os usuarios que empregan o transporte escolar do IES Francisco Aguiar non disporan do servizo de bus.

Sorteo para constitución da mesa electoral para a elección do Consello Escolar

O vindeiro mercores 26 de outubro as 11:30 horas no salón de actos do IES As Mariñas procederase ao sorteo público para a elección dos membros da Xunta Electoral e os seus suplentes,co fin de celebrar eleccións ao Consello Escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut