Skip to Content

Edixgal

Galicia en Datos

Lexislación educativa

ACTIVIDADES

« Xuño 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Eventos

Horarios do Centro

INFORMACIÓN DAS PROBAS ABAU 2020

Toda a información sobre as probas ABAU 2020 pódese consultar no web da CIUG

Probas ABAU 2020

ABERTA CONVOCATORIA DE PROBAS LIBRES DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Publicada o día 29 de maio de 2020 a convocatoria para o curso 2019-2020 de probas libres para a obtención de títulos LOE de FP (Resolución do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento da convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), queremos destacar:  ·O período de presentación de solicitudes de matrícula será do día 1 ao 12 de xuño de 2020 ás 13:00 horas. A matrícula farase en XADE (como matrícula do curso 2019-2020) previa comprobación do cumprimento dos requisitos de acceso.  · A presentación de solicitudes de matrícula farase no centro de 1ª opción.·As probas realizaranse na primeira quincena do mes de setembro.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o curso escolar 2020/2021

Infórmase que está aberto o prazo de solicitudes do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

O prazo para presentar as solicitude rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.
Pode presentarse por sede electrónica ou presentando a solicitude no centro unha vez cubertos o anexos I e II

INFORMACIÓN PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE ABAU 2020

Para consultar a informacion completa pode acceder aos seguintes documentos e ao web da CIUG

INFORMACIÓN SOBRE INSCRICIÓN CICLOS FP 2020-21

Ante as reiteradas consultas que se reciben no centro sobre a inscrición en ciclos de Formación Profesional, para o próximo curso, infórmase que ata o momento, non hai ningunha información da Consellería.

Infórmase á vez que o curso pasado o período de inscrición comezou o día 24 de xuño.

Espérase que as datas sexan similares, e a inscrición sempre se realiza vía web.

REAPERTURA DE PRAZOS DE ADMISIÓN EN CENTROS PÚBLICOS

Bos días, un saúdo desde a Dirección do IES As Mariñas


No documento que se xunta indícanse os prazos de admisión en centros públicos para o curso 2020/2021

Prazos desde o día 11 ata o 18 de maio

COMUNICACIÓN DE SOLICITUDE DE EQUIPAMENTOS INFORMÁTICOS

Comunícase ao Claustro e á Comunidade Educativa do IES As Mariñas a solicitude de equipamentos informáticos enviada á consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, á Axencia para a Modernización Tecnolóxida de Galicia (AMTEGA) e a Unidade de Atención a Centros (UAAC).

Modelos dos exames ABAU 2020

 Xa están publicados os modelos dos exames ABAU.Para acceder a eles, prema aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut